Sempre pagámolas as mesmas

O portal da USC “G Ciencia” publicaba, que este 1 de outubro, foi o máis quente no estado español. Na Galiza, 43 estacións meteorolóxicas, superaron os valores rexistrados desde que se ten datos, convertendo este verán, em un dos máis longos que se recordan.


Cabe sinalar, que aínda que o cambio climático está a fazer que as temperaturas aumenten, cabe sinalar repito, que estamos desde fai uns meses, baixo a batuta do fenómeno meteorolóxico chamado “O Neno”, o cal, produce que as temperaturas aumenten máis.


Con certeza que estas temperaturas extremas, van fazer que moita xente no planeta decida migrar, xa que, estas vagas de calor prolongadas durante moito tempo, producen que a auga escasee en gran medida, ademais de acabar coa produción agrícola. Segundo diversas axencias de Nacións Unidas (ACNUR-OIM)  confirman, que para o 2050 entre 300 e 1000 millóns de persoas desprazaranse, por mor do cambio climático e as súas consecuencias (problemas hídricos- penuria de alimentos- guerras para controlar o auga e a terra fértil, entre outras).


América Central-Sur e Caribe, xa hoxe em día, son zonas do planeta de gran afectación, onde o cambio climático máis virulencia está a ter, xunto Africa (zona moi tocada polo aumento das temperaturas e a falta de auga, como xa estamos a ver desde os anos 80 do século pasado, no corno africano). Ademais o continente asiático, vai ser em gran medida, unha extensa zona árida antes do 2070, segundo os informes científicos, se nom se toman as medidas necesarias, para corrixir isto. Todo isto vai fazer, que as migracións sexan do Este ao Oeste e de Sur a Norte segundo a ONU.


Porque outra vez a historia demóstranos, que sempre son as máis débiles, as que van a pagar a avaricia dunhas elites mundiais, que nom se cortaron un pelo a sabendas desde a metade do século pasado, ao que o planeta e as súas habitantes expoñíanse, coa queima desmesurada dos combustíbeis fósiles.


Nin que dicir ten, que as que máis van a sufrir este problema, van ser as mulleres, as nenas e nenos e as vellas-os. Os primeiros que van migrar, serán as mozas e mozos máis fortes e sans, deixando as súas comunidades e países, em unha situación de desamparo, pola falta de man de obra e o relevo xeracional. Como é sabido, as economías de calquera parte do planeta, teñen necesidade de mozas e mozos, xa que, son os que teñen o consumo máis produtivo, pola necesidade de formar as súas propias vidas e todo o que isto con leva, desde o punto de vista económico.  


E nos países de acollida, sobre todo os do norte global, os discursos do odio por desgraza collerán máis forza, senón os combatemos desde xa. Porque o máis doado como sempre, é botarlle a culpa ao febre ao necesitado, sendo isto bastante escabrososo, xa que son febles e necesitados, por mor das grandes oligarquías do norte mundial e os seus negocios avarentos e produtores deste Kaos medioambiental as cales son ao mesmo tempo, as que pagan os discursos e políticas dos odiadores.

Sempre pagámolas as mesmas

Te puede interesar