Relación

Semella que case todos os mortais temos unha relación “amor-odio” coas empresas explotadoras das diversas formas de enerxía, especialmente coas eléctricas, ás que poderiamos dicirlles: “Hoxe págoche máis que onte, pero menos que mañá”. É natural que sintamos rancor por aquilo que nos ten atados e suxeitos á súas caprichosas decisión, pois saben que sen “eles” non podemos vivir. A cuestión é que, por máis voltas que lle dea ao asunto, eu non acabo de entender que o custo da electricidade cambie dun día para outro. El será que depende de onde sopre o vento? Ou se hai máis nubes e menos sol? Ou se chove máis ou menos? Eu confeso a miña ignorancia, pero tamén o meu “hispánico cabreo”, non xa por pagar o que pago, nin sequera pola dificultade de non entender as contas do recibo que me pasan cando e como lles parece, senón porque ninguén me explique como é posible que me cobren máis pola mañá que pola tarde, e que a luz me custe máis ás cinco e media que ás tres e media, por exemplo; ou que custe máis de día que de noite. El será que ás máquinas, os aparellos que producen a enerxía, teñen un diferente custo de produción segundo a hora, o día e o mes do ano? Xa sei, xa sei. Seguro que me dirán: “É a economía, imbécil”. E seguro que teñen razón, porque realmente, é a “econo-súa”, e non a nosa. Está claro, non é?

Relación

Te puede interesar