lll

Recibe cada mañana las últimas noticias. REGISTRARME

Recibe las noticias desde Telegram. ÚNETE

A recuperación do orgullo coruñés

Hoxe por hoxe non hai ningunha dúbida na maioría da poboación da Coruña de que o único liderado claro que hai na cidade é o de Inés Rey. A cidade viviu varios mandatos nos que non se consolidou un liderado na alcaldía, e hoxe tres anos despois das eleccións municipais que fixeron alcaldesa a Inés Rey, a cidade é consciente de que contamos cunha alcaldesa que está exercendo con contundencia e claridade e que volveu a situar á Coruña no mapa, devolvéndolle a súa identidade e o orgullo. Os datos amosan que os coruñeses e as coruñesas valoran que temos unha alcaldesa que defende a Coruña por riba de calquera cuestión partidaria, que defende a identidade coruñesa e os intereses económicos da cidade e que ademais está implantando un modelo de cidade moito máis amable situando as persoas no centro da súa acción política.

E todo isto a pesar ter afrontado un mandato marcado en boa medida pola pandemia que supuxo un auténtico reto de xestión e que cambiou radicalmente as prioridades co obxectivo de axudar a quen peor o estaba a pasar.

O balance, tres anos despois, é que a cidade recuperou o lugar que lle corresponde, conta con máis inversión en política social, con actuacións en todos os barrios moi demandadas polos veciños dende hai moitos anos e con proxectos pequenos, pero moi emblemáticos, que simbolizan a recuperación do orgullo coruñés.

Si tivera que sinalar un só proxecto no que se reflictan os valores esenciais deste goberno destacaría o Quiosco da Praza de Ourense xa que aúna a recuperación de espazos emblemáticos da cidade e a aposta por unha Coruña inclusiva na que ninguén quede atrás.

Podería facer un listado de investimentos públicos, de novos servizos, de fondos públicos acadados para a cidade por este goberno mais prefiro quedarme cunha sensación, a de quen se se vai dar unha volta por Méndez Núñez desde a Rosaleda ata o Copacabana por uns xardíns coidados con mimo, de quen escoita de novo as campás de María Pita e de volta a casa colle o bus na praza de Ourense coas luces cálidas e o arrecendo do renovado quiosco ás súas costas. A sensación de quen recoñece con orgullo, de novo, a súa cidade.

Somos esixentes como goberno, non caemos na autocompracencia e somos conscientes de que temos moitos retos por diante entre eles a apertura da cidade ao mar ou a mellora do transporte público para integralo na área metropolitana mais xa temos sentado unha das bases máis relevantes para que a cidade avance: a recuperación do orgullo coruñés.

A recuperación do orgullo coruñés

Te puede interesar