Racismo

Coido que cualificar de racismo a España e a os españois é unha inxustiza e unha esaxeración. Isto ven a conto coas declaración do “míster” do Real Madrid que, se non entendín mal, chamounos racistas a todos dun xeito Xeral. Eu admito que calquera pode ter un brote racista, nun momento determinado e nunhas circunstancias concretas, mais iso non pode ou non debe, ser considerado racismo. Especialmente no caso do Fútbol, é imposible que se poda falar de racismo en España, onde hai case máis xogadores de fora e de outras razas que nativos. E no tema “Vinicius”, estou seguro que aqueles mesmos que o insultaban con saña, serían os seus máis ferventes seareiros se formasen parte do seu equipo e os goles llos metera, por exemplo, ao Madrid ou ao Barsa. Racismo non. Rotundamente non. Mala educación, incivismo, estupidez, infantilismo e non sei cantas cousas máis, pero non se pode deducir diso o racismo de todo un país. O mesmo que o “supremacismo”, que hai nalgúns casos, que tampouco e xeral, nin total, senón froito da incultura. Paréceme a min, claro.   

Racismo

Te puede interesar