Estamos a vivir nestas derradeiras semanas unha lección todas nós, do que significa ter conciencia de clase, por parte do povo francés. Un povo, que masivamente, sexan as persoas das ideias que sexan, está a defender na rúa, seu dereito a ter unha vellez digna, a que as traballadoras teñan uns años finais, nos que realmente poidan desfrutar aínda con “plenas condicións físicas e mentais” da sua existencia, a única que imos ter neste planeta e non seguir traballando como se di coloquialmente, ata que o corpo aguante.
E non quero ningunear, a loita que leva desde fai décadas unha parte do povo galego, sobre todo esa parte de galegas, de pensamento e obra, o cal tamén está a demostrar rechazo nas rúas, cada vez que o poder quere meternos unha nova pullada. Máis si que é certo, que vivimos nun pais onde a xente, na súa maioría está totalmente des-estruturada, a xente está totalmente apática e existe un total desleixo a hora de loitar polos nosos dereitos como traballadoras, máis tamén como persoas, como seres humanos.
Certo é que o poder domesticounos a todas en conxunto. Hoxe em día, cando fazemos unha protesta, damos parte, indicamos o percorrido, poñemos nós a propia seguridade do acto e as forzas do orden, so dirixen o rabaño e mostran a súa presenza. Con certeza, que nas loitas que levaron a cabo as nosas devanceiras e tamén as nosas nais e pais, loitas onde ao final, o poder non tivo mais remedio que conceder dereitos, eso si, a costa de deixar nós moita sangue no camiño, nom foron protestas digamos, tipo percorrido turístico como hoxe em día. Porque os Feixoo, os Sanchez o IBEX 35 e compañía, teñen que estar felices coas manifestacións ou concentracións, que se fan desde fai anos na Galiza. Nos xuntamos as 12h, camiñamos xuntos, gritamos as consignas que tocan e as 14 h disolvémonos, eso si, antes aplaudímonos e cantamos o himno, em un desgaste de bondade impresionante. Temos tanto medo a agacharnos a coller unha lastra, que ata acusamos as forzas do orden, de cometer desfeitas (e é certo que o fan) que despois achácannos a nós. É como si a razón da loita, como si ante un conflito entre traballadoras e patróns, estes últimos tivesen a razón, simplemente polo feito de que rompésemos unha vidreira ou tirásemoslles uns ovos a oficina de algunha entidade bancaria.
Dicía Manuel Maria nun dos seus poemas “Hai que defender o idioma como sexa- con rabia, con furor, a metrallazos- Hai que defender a fala en loita rexa- con tanques, avións e a puñetazos”
Pois nos outros dereitos básicos na nosa vida como traballadoras e logo como persoas, que xa non producimos em términos monetarios, mais si producimos em términos de vida, de mellora da sociedade, tamén debemos loitar polos nosos dereitos chegado o momento, tamén debemos loitar se fai falla a puñetazos.
“Nin os mortos poden descansar nun país oprimido” Fidel Castro.