desde os anos oitenta a cidade de Ferrol perdeu unha terceira parte da súa poboación. Cada día estamos máis lonxe das grandes cidades galegas, que máis ou menos van mantendo os seus niveis, e no noso caso nin as subas puntuais, doutros concellos da comarca, compensa esta perda poboacional. Isto trae consigo unha perda de músculo industrial.
Estes días estivo a ministra de Transportes Raquel Sánchez. Desde o seu partido faláronlle dos déficits nas infraestruturas, xentes doutro partido decidiron ir a dar voces cunha pancarta.
Si, cada quen é libre de facer como considere. Pero, os partidos con verdadeira vocación de mellorar a vida da xente, de forxar maiorías sociais, con ambición de goberno non mandan – a un acto - aos seus membros a molestar aos militantes dos partidos que son os teus socios preferentes. Ás veces unha pancarta exhibe as carencias do seu portador.