lll

Recibe cada mañana las últimas noticias. REGISTRARME

Recibe las noticias desde Telegram. ÚNETE

A oportunidade de saldar unha débeda con Galicia

O futuro da AP-9 é asunto de debate público en Galicia dende que Aznar decidiu prorrogar a concesión ata o 2048 xusto cando empezaba a dar beneficios obrigando aos galegos e galegas a ter que pagar peaxe por circular pola principal vía vertebradora da nosa comunidade.   
 

A AP-9 comunica cinco das sete principais cidades galegas, ademais de ser o corredor de referencia entre as principais estradas galegas e o norte de Portugal. Unha vía utilizada diariamente por máis de 67.000 galegos e galegas de xeito individual, pero tamén polas empresas e industrias para o transporte de mercadorías.
 

En 2017 todos os grupos políticos do Parlamento de Galicia presentamos de forma conxunta unha Proposición de Lei a favor da transferencia da titularidade da AP-9. Nela solicitábanse dúas cuestións fundamentais: a potestade sancionadora respecto de incumprimentos da concesionaria na explotación da autoestrada e as modificacións relativas réxime económico-financeiro da concesión, en particular no relativo ás tarifas e peaxes. Noutras palabras: pedíase que a principal autoestrada de Galicia fose competencia galega, xestionando e asumindo as competencias da maior vía de conexión do territorio galego.
 

Cal foi a resposta do goberno de Mariano Rajoy? Negativa, alegando os posibles sobrecustos derivados da mala xestión por parte do goberno autonómico e bloqueando o diálogo con Galicia. 
 

En 2018, os grupos políticos galegos solicitamos de novo unha auditoría e un estudo de viabilidade para o rescate da autoestrada, que foi bloqueado novamente polo goberno de Mariano Rajoy. Tivo que ser en 2021, cun goberno socialista en Madrid, cando se decidiu por primeira vez na historia rebaixar as peaxes bonificando aos usuarios habituais desta infraestrutura. 
 

O informe do Consello de Estado solicitado a raíz desta rebaixa no prezo das peaxes abre de novo a porta a abordar un debate xusto e necesario para saldar a débeda histórica coa nosa comunidade. Creo que é oportuno poñer sobre a mesa novamente o rescate da concesión da AP-9, xa que ademais permitiría baixar o custo das peaxes. A AP-9 é unha infraestrutura fundamental da nosa comunidade e considero que é o momento de abordar de novo a posibilidade de que poda ser rescatada para que os galegos e galegas non teñamos que seguir pagando por empregar cada día unha infraestrutura esencial que está máis que amortizada.

A oportunidade de saldar unha débeda con Galicia

Te puede interesar