Onde fica a coherencia

Choca que prácticamente ningún governo de occidente, berce da democracia e as liberdades, segundo o relato dominante que non fixese a máis mínima mención a que a Ucraína acaba de eliminar o dereito á negociación colectiva nas empresas con menos de 250 traballadores/as. Non se trata dunha cuestión menor, porque un 70% das persoas empregadas por conta allea terán que negociar as condicións de traballo individualmente, co que isto implica de retroceso nas condicións laborais, máxime cando ao mesmo tempo se legalizan os contratos de xornada de cero horas. Que sucedería se isto acontecese en Rusia... tampouco se fai referencia ás limitacións aos dereitos laborais nalgúns estados de Estados Unidos.
 

Seica con estas medidas Kiev trata de recuperar a economía e o emprego moi afectados pola guerra. Algo que hai que ser moi optimistas para pensar que suceda, xa que a destrución económica e de infraestruturas ira a máis mentres dure a confrontación; e non se compensa con máis armamento e con prestamos para resolver os gastos extras (que hai que devolver). Tampouco axuda no futuro un muro de aceiro con Rusia. Agora ben, o que está claro é que esta medida protexe ao empresariado e bota todo o peso da guerra sobre a clase traballadora, ou sexa: ten un claro contido clasista. 
 

Unha actitude regresiva que comezou no ámbito dos dereitos democráticos, xa que todos os partidos da oposición foron declarados ilegais, dende o Partido Comunista (no ano 2015) até outros doce máis coa declaración da Lei Marcial en 2022, que van dende o Partido Socialista até os neoliberais moderados. Seica son todos son pro-rusos... demasiados... semella un golpe de estado. Recortes que a Comisión Europea e o Parlamento Europeo preferiron ignorar, deixando en evidencia unha dobre vara de medir. Será que vale todo?...
 

Esta regresión nos dereitos laborais ten antecedentes: “De 2000 em diante, sempre que a direita neoliberal e pro-ocidental estava no poder, foram várias as tentativas de afastar este Código do Trabalho, a última das quais em 2021. As masivas manifestações tornaram impossível a aprovação das leis propostas, tendo o governo recuado” (Hugo Dioniso). Agora o governo de Zelenski coa protección occidental, obsesionada con manter o mundo unipolar e esmagar a Rusia, cala fronte a este retroceso histórico, e acepta que se gabe a fascistas como Banderas. Ulo os dereitos democráticos, a xustiza social, a soberanía nacional?... 
 

Non é o único caso, lembremos a Siria, Iraq, Libia, Kosovo,... os centos de bases militares no exterior..

Onde fica a coherencia

Te puede interesar