lll

Recibe cada mañana las últimas noticias. REGISTRARME

Recibe las noticias desde Telegram. ÚNETE

Non hai fronteiras?

ómpre decatarse da potencia que acadou a iniciativa popular a respecto do tema Terra de Tanxugueiras para representar ao Estado na Eurovision e mesmo para gañala. Mesmo-ou nomeadamente- dos que nunca estivemos pendente da Eurovision Fest. O pobo é quen máis ordena e vivimos unha revolución nas últimas semanas canto á reivindicación da lingua e produción musical galegas. Porque Tanxugueiras Cconstrué dende a fusión entre a nosa tradición musical e os elementos modernos e internacionais que elas mesmas escollen para construir a súa proposta.

Neste contexto, a proposta das Tanxugueiras é atómica, porque foi quen de tirar de ducias de milleiros de galegos (e doutros cidadáns do Estado, seica na súa meirande parte dos territorios e nacións con linguas de seu) para reivindicar a súa lingua, cultura e música.

Mais nesa mobilización popular insírese unha outra demanda: que o Estado español, nomeadamente o seu establishment político, cultural ou mesmo musical, fose quen de recoñecer que a lingua e a música tradicional galegas (ben que moi fusionada con outros elementos que actualizan e potencian a proposta Tanxugueiras) puidesen representar un Estado plurinacional, pluricultural e plurilingüe que, asemade, fracasa na Eurovision Fest dende o século XX.

Este día vimos como o xurado de 5 persoas que a RTVE nomeou para esta tarefa excluiu Tanxugueiras da final do sábado 29-X, con graves sospeitas a respecto das 3 persoas españolas do xuri, tanto polos seus vencellos con outros concursantes como por unha posta en escea ben agresiva a respecto das que sempre foron as gañadoras na democracia do público.

De seguro que Tanxugueiras compite- e ha competir- esta noite con esa España que acredita ser unilingüe, unicultural e uninacional. Ao mellor sen se decatar que está dirixida en todos os seus ámbitos por un deep state que tamén existe no mundo cultural, musical e do espectáculo. Porque a loita non é só cunha lingua galega prohibida de facto para representar España, senón cun establishment musical que non acredita na música que se fixo, fai e fará na nosa Galicia. Nin na súa evolución no próximo pasado nin no próximo futuro.

Quizais este domingo constituirá un abrente para que loitemos sempre por obter o mellor recoñecemento aos produtos culturais galegos na escea internacional, mais para ir recoñecendo que, neste Estado español no que vivimos, o que compre é recoñecermos o valor destes produtos na propia Galicia, albiscando un mercado europeo e internacional para eles, ao mellor, sen ter que pasar –por forza– pola España.



A arrincadeira



O xuri caciquea o fallo do Benidorm fest

Tanxugueiras gañou por malleira no voto popular (25% da avaliación) e do xuri democópico (25%, a medio dun colexio de 350 persoas supostamente representativas da pluralidade social), mais ficou de terceira pola cacicada do xuri da RTVE (50%), que, avaliáandoa como quinta, determinou a súa imposibilidade para acadar a remontada polo voto popular e do xuri demoscópico. Unha cacicada que define a casposidade, limitación mental e falla de recoñecemento á pluralidade e calidade musicais de RTVE e do establishment español do espectáculo de onde se escolleu a maioría o xuri. Cumpriría investigar as supostas conexións con Chanel dalgunha das tres representantes españolas do xuri, seguindo informacións aínda non abondo contrastadas.

Non hai fronteiras?

Te puede interesar