Xoán Antón Pérez-lema

Disparármonos ao pe

Ou queren definir xa de vez o Estatuto como simple carta outorgada e ao autogoberno como concesión española?

Minorizan a nosa lingua

No lingúistico e no económico.Calviño defendeu no Congreso que o anteproxecto é axeitado, porque o castelán é a lingua que nos une e, xa que logo, fixar mínimos para o galego “prexudicaria as potencialidades da industria audiovisual española”.

O roubo da luz

Precisamos dunha reforma global que remate coa pobreza enerxética e permita que Galicia poida desfrutar dunha electricidade máis barata para as nosas familias e empresas.

O reto do BNG

Unha vantaxe que compre afortalar, ii) neses milleiros de persoas sen historia de compromiso político, mais si de compromiso e coñecemento nos eidos da cultura, deporte, empresa e no traballo social, que partillan a idea dunha Galicia xusta e moderna como referente da súa vida e iii) nos centos que traballaron en tempos no galeguismo político, con experiencias moi valiosas na gobernanza autonómica e no traballo de goberno e oposición de moitos concellos.O reto son as eleccións nacionais galegas de 2024, mais esa fase final ten unha previa fulcral, as municipais de 2023, onde o BNG habería consolidar os seus gobernos de vilas e cidades, mais tamén avanzar, nomeadamente no ámbito máis urbano, onde ten todo a gañar fronte ao previsíbel recuamento das marés dos Comúns e, quizais, dos gobernos socialistas, de xeito que, probábelmente, este avance electoral do BNG na Galicia urbana produza novos alcaldes e alcaldesas soberanistas que, paradoxalmente, serían os que mantiver os gobernos progresistas en varias cidades galegas fronte á enxurrada da dereita española.

Conciliarmos liberdade e saúde

Que había restrición ou limitación de dereitos fundamentais era evidente e só a Xunta non o viu.Mais complexa era a decisión de admitir ou non estas restricións dos dereitos fundamentais (nomeadamente o principio de non discriminación e o dereito á intimidade persoal), por ser ou non esas medidas de saúde pública precisas, proporcionadas e acaídas á súa finalidade.

Medallas olímpicas galegas

galicia acadou nas Olimpiadas de Tokio catro medallas en probas non colectivas (dúas pratas-unha delas con dous agasallados- e dous bronces).

A derrota xudicial de ENCE

Velaí que a interpretación das actividades e instalacións inviábeis fóra do dominio público marítimo-terrestre pertenza á AN, neste caso, sendo o concepto a aplicar claramente restritivo, á vista tanto dos seus termos literais, como da xurisprudencia interpretativa do propio TS. Calquera recurso que presente ENCE sobardaría a estreita marxe do recurso de casación, que non pode corrixir as conclusións da AN sobre a proba practicada e os feitos probados.

Igualdade, mérito e capacidade

Velaí que para poder acceder ao emprego público (quer como persoal laboral, quer como funcionario, quer como sanitario estatutario) se requira de procesos selectivos que garantan a publicidade e o acceso das persoas candidatas en condición de igualdade, só atendendo aos requisitos de mérito e capacidade do xeito que se regule pola normativa da convocatoria.

A nosa vocación atlántica

Mentres, o país exerce unha gobernanza que abre Portugal aos investimentos empresariais e mellora as prestacións sociais e a calidade da democracia portuguesa.

Enerxía pública e galega

Enerxía pública e galega, porque o modelo actual é exemplo de depredación oligopólica e explotación colonial.

PSOE e Podemos contra o autogoberno galego

Porque someter a unha dupla imposición este suposto incremento patrimonial, ademáis de atentar contra este principios esencial do IRPF vulnera o artigo 31 da Constitución, en canto trata diferente a quen adquire por negocio xurídico sucesorio entre vivos e a quen adquire por causa de morte, contra o que dispón o Dereito Civil galego, que é quen determina os feitos impoñíbeis para os efectos fiscais.Até hai poucos anos a Axencia Tributaria obrigaba tributar por incremento patrimonial no IRPF ás persoas que transmitían os seus bens ás descendentes ou cónxuxes a medio de pactos sucesorios, aplicando a norma das doazóns e descoñecendo a plena aplicabilidade do Dereito galego, que recoñece a posibilidade de transmitir bens en vida (descoñecida no Dereito Civil estatal) e suxeita esta transmisión sob a norma fiscal da sucesión no canto da norma fiscal da doazón.

Precisamos da nosa Policía (1)

  arecente admisión para trámite polo Parlamento da iniciativa lexislativa do BNG para lle transladar ás Cortes a solicitude de transferencia das competencias de tránsito e seguranza viaria ven de nos lembrar que o mesmo Parlamento aprobou en maio de 2007, a Lei 8/2007, de Policía de Galicia, que constitúe Dereito vixente e que dispuña unha integración inmediata da Unidade Adscrita da Policía Nacional a Galicia (500 prazas das que menos de 400 están cubertas, por mor da neglixencia da Xunta e do Goberno do Estado) que non executou Feijoo ao longo de 12 anos de goberno, en claro incumprimento da lei e frustración da carreira profesional da policía que serve na Unidade Adscrita, dependentes orgánicamente do Goberno e funcionalmente da Xunta e, xa que logo, sometidos á indefinición normativa e ao absurdo da dependencia de discrecionais comisións de servizos cando non á perda de dereitos laborais.  O recente protagonismo da Xunta como Autoridade Sanitaria común amosou a necesidade dunha Policía Administrativa que garanta o cumprimento das ordes e resolucións da Administración Galega nos seus eidos competenciais (saúde pública, ambiente natural, medio rural, urbanismo, xogo, violencia machista, ordenación do territorio, protección de menores e incapacitados).