Estamos a sufrir desde hai uns anos, unha crise do sistema, que estase a manifestar nos derradeiros tempos coa escusa da guerra que esta a librar Occidente con Rusia, na suba desmesurada de alimentos básicos como os cereais, os cales, subiron em perto dun 22.7%, os lácteos em case un 40% ou un alimento básico como son as patacas, em case un 23%. Estes alimentos xunto con outros, os cales, son imprescindíbeis para calquera familia que desexe levar unha dieta saudábel, falo das leguminosas ou da froita fresca, moitas familias tiveron que tomar a decisión de eliminalos, pola suba dos prezos.
Esto o que esta a fazer, é que em moitos fogares, teñan que deixar ademais de levar unha dieta saudábel, teñan que reducir o gasto em moitas outras actividades, como por exemplo no gasto cultural das súas fillas ou delas mesmas: compra de libros, clases particulares ou gasto en actividades extraescolares, que non ofrecen as escolas.
Nas cidades europeas termos a gran sorte, de ter redes de bibliotecas públicas, as cales, na maioría dos casos ofrecen ademais do préstamo de libros ou elementos em outros soportes, ofrecen tamén actividades culturais para todo tipo de idades.
Segundo a Unesco: “A participación pública e a consolidación da democracia, dependen de unha boa educación e de un acceso libre e ilimitado, ao coñecemento, o pensamento, a cultura e a información. A biblioteca pública é un chanzo obrigado ao coñecemento e constitúe un requisito obrigado da educación permanente, as decisións autónomas e o progreso cultural da persoa e dos grupos sociais”
E conto isto xa que no Ferrol a día de hoxe, as nosas bibliotecas públicas atópanse nun total abandono, polos principais responsábeis políticos do concello. Uns responsábeis que non lles interesa a cultura, polo que estamos a comprobar e que o único interese que teñen, é o de privatizar o servizo, como deixou entrever nunha entrevista a unha radio local o alcalde, o señor Mato. Porque como denuncian desde o BNG de Ferrol, o problema da rede de bibliotecas, é o adelgazamento em orzamentos e recursos dos servizos públicos, entre eles, este.
Este servizo, como di Iván Rivas, pasa por contratar persoal coa titulación universitaria correspondente, xunto con algunha traballadora de categorías inferiores, como están a reclamar desde fai mais dun ano, as bibliotecarias, as cales, levan denunciando desde fai tempo, que nom poden prestar o servizo em condicións.
Cabe sinalar que o servizo de bibliotecas públicas, é de obrigada prestación polo concello. Un concello gobernado polo PSOE, no cal estamos a comprobar, que a corporación que o goberna, non teñen nada de socialistas nin de obreiros xa que se non, non deixarían nunca da man de deus este servizo do coñecemento, sobre todo nuns momentos, que a súa función é tan necesaria para tanta xente.