A Galería Vilaseco quere render homenaxe a algúns dos artistas que formaron parte da galería nos seus vinte anos de actividade expositiva, coa mostra “MÚLTIPLES”, na que recolle obra, entre outros de Alberto García-Alix, Leopoldo Novoa, Manuel Vilariño, Vari Caramés ou Regina Giménez. O título de “Múltiples” fai referencia á obra seriada e ao compromiso que ten a galería con estas edicións máis asequibles.
Entre os artistas está Nicolás Combarro (A Coruña,1979) que presenta dúas singulares maquetas da serie “Arquitectura expontánea”. Rita Magalhaes ( Lisboa,1974) ofrece unha poética visión dunha paisaxe con árbol. Lois Patiño (Vigo, 1983) prefigura aéreas árbores desdebuxándose entre misteriosas e neboentas luces.. Bernard Plossu (Vietnam,1945) lévanos a unha especie de cabina ou departamento, como de avión, no que luz e sombras loitan entre sí. Unha foto dixital de Carla Souto, que suliña como “finca/perímetro/corpo”, enfronta unha estilizada figura humana cun entorno natural semisalvaxe.
Rodríguez-Méndez ( As Neves, Pontevedra,1968) mostra as múltiples posibilidades de enfoque do mesmo obxecto, por medio de seis posicións dunha mesma pedriña negra.. Vari Caramés ( Ferrol, 1953) en “Nadar 26”ofrece, en desdebuxado enfoque, o salto dun nadador dende un trampolín. Ramón Masats (Barcelona 1931-1924) opón o blanco espazo baleiro á pequena figura dun home trazando unha esquina no chan. Alberto García-Alix (1956,León), en “Mesa de Ceesepe” compón unha especie de bodegón cotidiano. Un augaforte de Leopoldo Novoa (Salceda, Pontevedra, 1919-2012) configura un encontro de dous planos nun xogo abstracto. Ignacio Llamas, Toledo, 1970-2011) en “Cercar o silencio” da proba dunha exquisita sensibilidad establecendo un sinestésico diálogo entre unha estancia escura e un pequeno foco de luz.
A auguatinta “Black Xuwam” de Nico Munuera (Murcia,1974) enfróntanos a un espazo de fondo beis claro sobre o que se ergue o negro perfil dun monte.. Gravados de Josè Pedro Croft (Porto,1957) configuran espesos i escuros entramados con raiados superpostos. Mayte Vieta (Blanes, 1971) opón un encendido ramaxe vermello de árbore ao lonxano e neboento ceo. Luis Díaz Díaz (A Coruña,1978) coas 25 fotos da serie “Caixas de música”, nas que recolle os palcos das romerías, documenta os espazos de celebración do rural galego. Berta Salinas (Madrid, 1982), na instalación “Amparo”, formada por telas colgadas do teito, ofrece unha homenaxe á súa avoa. Álvaro Negro (Lalín,1973). en “Traza” recolle unha augada abstracta e libro do mesmo título. De Manuel Vilariño ( A Coruña, 1952) hai unha foto dunha man aberta que ofrece un pequeno libro da obra de Shakespeare “The Tempest”. De Regina Giménez exponse a alfombra de lá “Ciatherme”. De Gloria García Lorca ( New york,1945) ofrécese a peza de cerámica refractaria “ White zig white zag”, de liñas en zigzag. O conxunto da fe da diversidade de enfoques e de visións estéticas que o arte fai posible.