Miña negra sombra VI

Rematadas as obras no interior do piso, puiden disfrutar dunha tempada tranquila, rota a veces pola Negra Sombra en forma de temporais, que derrubaron primeiro, hai xa moitos anos a cheminea, aínda hoxe sen repoñer e, despois varias partes do tellado en distintas ocasións, algunha solucionada polo Concello cun mal parche. Pero as inundacións provocadas no interior da casa, afectando teitos e algunha vez aos condutos eléctricos, quedaron integramente ao meu cargo, pois o Concello negouse sempre a amañar os problemas do interior das vivendas, Unha das peticións máis insistentes foi a da renovación da tubería da acometida de auga, feita de chumbo, que desde máis de 20 anos está causando problemas no soto e nos tres andares do edificio, primeiro sendo reparada no posible polos veciños e despois a cargo do Concello, como a última, aínda sen reparar totalmente. A falta de atención neste tema é unha das máis incomprensibles do Concello, non só pola recomendación da U.E. sobre o tema das tuberías de chumbo, senón porque todas as tuberías xa foron cambiadas nos edificios dos grupos IV, III, e II. 

Miña negra sombra VI

Te puede interesar