O medo á liberdade

Hai algunhas décadas do meu paso polo centro de FP de Barallobre. Permítanme contarlles unha anécdota. Se eu algo odiaba, eran as lecturas obrigatorias. Talvez, por iso, eu deba manifestar a miña desculpa con Erich Fronn. Tíñamos como libro “O medo á liberdade”. Descubrín que, ao final de cada capítulo, había unha especie de resume. Cousa que usei para facer o traballo encargado na aula pola nosa profesora de Humanidades.


O certo é que nestes tempos, igual si é necesario volver ao profesor, humanista e sociólogo alemán. A este ateo, que descendía dunha familia de xudeus ortodoxos, e aos seus estudios sobre os nosos medos aos cambios e ao exercicio da liberdade. Fronte aos que defenden o regreso ao autoritarismo, para gañar o control sobre os demais, recorrendo á deshumanización e sinalamento do adversario. Á negación da palabra e a todo posible entendemento, que sirva para mellorar a vida e a capacidade de elección das persoas. 


Máis, cando hai quen xustifica o exercicio da violencia política sobre os socialistas, como pasa co acoso que sofre Óscar Puente e a súa familia. Evidentemente, “O medo á liberdade” é un libro que lle recomendo ao deputado ferrolán Miguel Tellado. Sen acritude.

O medo á liberdade

Te puede interesar