“Os libros arden mal”

“Os libros arden mal”

Levaba bastante detrás del. Nestes tempos comeza a ser difícil atopalo, pero como di o seu autor, Manuel Rivas, “os libros hai que agardar por eles”. Tiven que esperar a unha libraría de Vigo. Supoño, ademais, que unha nova impresión sería moi custosa polas súas setecentas cincuenta páxinas. Esta primeira edición vén cunha tarxetiña con anotacións do escritor, con referencias a García Lorca e Ánxel Casal e á queima de libros acontecida en agosto 1936 na Dársena da Coruña. En Ferrol pasou o mesmo nesa data na entón coñecida como “Praza Roxa”, por ser alí onde acababan as grandes manifestacións da cidade nesa época. Hoxe, xa esquecido ese nome é agora, simplemente, a praza do Marqués de Amboage. Outro dos libros que quixera para á miña biblioteca é “Lo que Varguitas no dijo”, cuxa autora, Julia Urquidi, foi a primeira esposa do recentemente falecido Vargas Llosa. Aquel primeiro matrimonio vai ser a inspiración para unha das grandes novelas do peruano: “La tía Julia y el escribidor”. Este autor, a pesar da distancia ideolóxica, resúltame unha referencia fundamental na literatura contemporánea actual. Entre outros libros del gardo, con moitas notas propias, “La tentación de lo imposible”.

“Os libros arden mal”

Te puede interesar