José Torregrosa

As veces as palabras non chegan para definir as cousas da vida e menos se se trata de xente –radicalmente– humana como José Torregrosa. Son case vinte e cinco anos de amizade e colaboracións en diversos eidos. El como mestre, eu como simple alumno ao que lle gustaría, aínda que fose só por un momento imitalo.


Torregrosa novelista de “Abordajes” e “Nadie y Polifemo”, crítico de cine, periodista vinculado a este xornal, autor teatral, poeta e contador de contos. Profesor xubilado do Colexio Ludy. Fundador de coñecidas entidades culturais. Colaborador en miles de proxectos en Ferrol. Cultura, compromiso e humanismo.


Son dos que cre que un debe recoñecer as súas débedas persoais: permítanme contarlles que el regaloume a súa amizade e media vida de horas de compromisos e complicidades. Incluso o título desta columna, “Letras de cambio”, foi unha suxestión del. Meus afectos para José Torregrosa.

José Torregrosa

Te puede interesar