Importantes nom. Importantísimos!

ivimos nun mundo, vivimos nunha sociedade, onde o mal gusto leva tempo impoñéndose. Hoxe em día, os catetos e catetas, son os amos da rúa, se mo permiten. Dicía o famoso e único Jesús Quintero, máis coñecido como o Loco da Colina, que todos e todas estas, que presumen de no ler un libro en toda a súa vida, están marcando o ritmo da sociedade. É certo, que para moitas de nós, prodúcennos risas e troula as súas routadas, mais ha que ter coidado, xa que a ignorancia e valentía e a día de hoxe, a diferenza de antes, onde estes persoeiros escondíanse e baixaban a cabeza ante a súa necedade, no presente van altivos e cheos de razón. Razon que lle da a estupidez, o nom quer saber, o nom quer pensar, o nom usar a cabeza em definitiva.


E meto todo este rollo, xa que dentro de uns días empeza de novo as meniñas e nom tan meniñas nas aulas.
Na actualidade, a figura do profesor esta moi denigrada, sendo esta figura unha das pezas máis importantes, por nom dicir a máis importante, da nosa sociedade. Ter un corpo de docentas, que estean contentas, que estean satisfeitas, que estean sobre todo ben valoradas, é fundamental se queremos ter o día de mañá, bos avogadas, boas médicas, boas educadoras e podería seguir. Segundo as expertas existen no caso das docentes, dous salarios: O económico é un salario emocional, que consiste, en sentirse recoñecidas, sentirse pagadas co seu traballo. No ámbito das profesións que máis estrés producen, está a figura da profesora, sobre todo no mundo da universidade. O nom sentirse considerada, para as traballadoras que forman em tódolos seus niveis educativos, aos profesionais quer técnicos quer científicos do futuro, é un dos principais problemas psicolóxicos que padecen.
E con certeza, que isto repercute na transmisión do coñecemento que fan as alumnas.


Dicía nunhas liñas atrás, que a figura do mestre esta denigrada.  Desprestixiadas polos alumnos que arrastran outros problemas, debido ao ambiente onde creceron, infravaloradas polos pais, que moitas veces son peores que os fillos, ultraxadas por unhas administracións que lles proporcionan contratos lixo e salarios paupérrimos, em comparación con outras profesións, ademais de condicións laborais, en moitos casos de xulgado.


Aki na Galiza, atopámonos, que as nosas profesoras móvense nun mundo laboral na ensinanza pública, totalmente masificado, fazendo traballos que nom lles corresponden ou sen ir máis lonxe, dando materias nas que non teñen competencias, debido a falta de profesorado. Isto leva consigo, que o profesorado estea sobre cargado, fisicamente e psicolóxica, algo que con certeza, está influíndo a hora de transmitir o coñecemento.


Por todo isto cómpre de xeito urxente, que as mestras e mestres, teñan boas condicións laborais, con ratios de alumnas normais, con autoridade a hora de transmitir a pedagoxía, con estabilidade laboral, co cal, conseguiremos ter o día de maña, excelentes profesionais nas diferentes materias da nosa sociedade.

Importantes nom. Importantísimos!

Te puede interesar