Imperfeccións

eño escoitado moitas veces dicir que non hai nada perfecto. “Nothing is perfect”, dicía un americano profesor meu de tecnoloxía. “Perfecto non hai ninguén nin case nada” dicía Siro no prólogo dun meu libro. E seguramente haberá moitísima xente importante que chegou a esa mesma conclusión e que, poderíase lle aplicar á Medicina, entre outras varias ciencias. E xa que logo, como poderíamos esixirlle perfección a un médico, imperfecto el, como ser humano e intérprete dunha ciencia xa imperfecta? E nembargante, as veces reaccionamos en contra daqueles profesionais da sanidade que, dentro das súas grandes limitacións, non son quen de nos aportar solucións para as nosas doenzas. Quizais esquecendo as moitas outras veces que nos axudaron, a nós e aos nosos familiares e amigos, nas máis dolorosas circunstancias da vida e, incluso cando a vida xa remata sen remedio. Por iso debémoslles moita gratitude, incluso a aqueles que no último momento, por escrúpulo de conciencia, renuncian a prestar a súa axuda, no acto máis sublime que pode asumir un médico, que é facilitar o tránsito a aqueles que cientificamente nada poden esperar. Pero hai que agradecelos e respectalos igualmente, aínda que non teñan entendida a grandeza de esa axuda. Porque eles tampouco son perfectos. Eu o vexo así, desde a miña “perfecta imperfección”, claro.

Imperfeccións

Te puede interesar