Hoxe por hoxe aínda é diferente

Empezo este artigo dicindo: A igrexa católica ten razón. Si por moito que nos doa no tema da sexualidade, é indubidábel que o discurso do catolicismo é o correcto. O sexo a súa finalidade única e exclusivamente é a reprodución. A día de hoxe ningunha especie, ten a capacidade de perpetuarse no tempo, senón é por medio do sexo. E para que este método non falle, ao final do acto sexual, o cerebro danos unha recompensa en forma de pracer. Con certeza que si non existise esta recompensa, eu non estaría escribindo este artigo e vostedes léndolo. Máis o que a igrexa non quere darse de conta, é que nós a especie humana ademais de outras especies como por exemplo os golfiños en su medio natural, termos a capacidade de usar a sexualidade ben de xeito soamente pracentero, ben para facer relacións, ben para des-estresarnos, ben para fornecer vínculos en definitiva, para o que nos de a gaña, sen necesidade de cargar co peso da reprodución.


Máis a finalidade deste artigo, é para falar de que xa fai un tempo a nosa rapazada, esta entrando no mundo da sexualidade antes, do que o facíamos como norma, as xeracións anteriores as novas tecnoloxías. Coa chegada de internet, estase a comprobar, de que a maioría da mocidade, está a practicar sexo a idades moi cedas, sendo isto en moitos casos un problema, sobre todo, para o xénero femenino.

E non o digo precisamente polo tema dos embarazos non desexados, xa que hoxe en día, os métodos anticonceptivos están máis ao alcance delas e son máis efectivos. Digo o porque estase a comprobar nas clínicas privadas que tratan determinadas adiciones, que cada vez ingresan mais nenas de incluso 11-12-13 anos, con forte adición ao sexo e a pornografía.


E falo de nenas, porque o sexo femenino aínda a día de hoxe, quer no persoal quer no social, a sexualidade ten diferente significado que no oposto. Con certeza que si un mozo de 14 anos por pór un exemplo, ten relacións con mulleres adultas, iso o dia de maña será unha digna batalla de contar aos seus netos en case a totalidade dos casos. Mais si é unha rapaza, pode darse o caso con moita probabilidade, de que a rapaza arrepíntase e se este arrepentimento non o sabe canalizar adecuadamente, pode levala ter problemas vitais de primeiro orden, que en moitos caso van a facer que comence a practicar condutas auto destrutivas, como estase a comprobar que está a pasar en moitas adolescentes.


Con certeza que as políticas, as psicólogas do desenvolvemento expertas en mocidade e as educadoras, deben sentarse deixando de lado ideoloxías caducas, para buscar unha fórmula para intentar mitigar este tremendo e calado problema na sociedade, que está a vivir moita rapazada, pola facilidade de chegar ao sexo, máis sobre todo, polo descoñecemento do significado da sexualidade.

Hoxe por hoxe aínda é diferente

Te puede interesar