Hipocrisía

Fai unhas semanas coñecíase a noticia de que si agora mesmo deixásemos de emitir GEI, Grenlandia perdería todo o seu xeo, algo que vai facer, que 120 billóns de Tm de auga pasen aos océanos, con todo o kaos ambiental que isto vai supor. Agora mesmo Pakistan atopase con 3/4 partes dos seu territorio baixo a auga, debido ao forte monzón, sen que ningún titular da prensa galega recóllao.
 

Por outro lado no corno de AFRICA, levan xa 2-3 anos que non chove e neste momento, millóns de persoas están a sufrir desde vai meses unha nova fame negra, sen que isto tampouco sexa titular en ningún medio de comunicación galego. Cabe sinalar que no caso do corno de África, hai tamén outros factores como por exemplo, que a UE e os EUA acabaron coa agricultura tradicional destes países, coa irrupción dos nosos produtos agrícolas fortemente  subvencionados nos seus mercados, que fixeron que as agricultoras desta rexión no puidese competir e tivesen que abandonar a produción de alimentos. Isto está a facer que esas poboacións dependan das importacións dos alimentos de fora dos seus países, co cal, por unha serie de motivos como é a subida dos prezos dos alimentos, as guerras que levan anos sufrindo no corno de África, as cales están a empobrecer aínda máis esta rexión africana, os seus gobernos non podan importar os alimentos necesarios para as súas poboacións.
 

Parece que o orde de importancia da noticia moitas veces, depende do cor da pel das persoas que sofren os problemas.
 

Mais hoxe do que quero escribir, é sobre unha nova que vin fai uns días neste xornal, de que perto do 80% das nosas enfermeiras sofren unha ou máis agresións ao ano. Un feito que a calquera persoa medianamente normal, énchelle de rabia e de indignación. Non fai moito a maioría da nosa sociedade saía aos balcóns a darlle as palmas, baixo o ritmo dunha pestilente canción (síntoo) para darlles folgos e forzas as nosas profesionais sanitarias e agradecerlles que estivesen ahi, naqueles momentos tan duros co principio da Covid-19. É aínda que é certo que vai no cargo, non é menos certo que case 20 mil sanitarias morreron por mor da relación traballo - Covid 19 en todo o planeta, antes da chegada das vacinas, como recolle amnistía internacional. E con certeza que estas malas bestas que andan a paus físicos ou verbais coas nosas sanitarias, atrévome a afirmar, que a gran maioría deles, eran os que primeiro saían a aplaudir durante o confinamento.
 

En definitiva como dicía Oscar Wilde  “Nesta vida a primeira obrigación é ser totalmente artificial. A segunda aínda ninguén atopouna.”
 

Esperemos que os nosos gobernos xunto coa xustiza, reaccione contundentemente e corte de raíz, de unha vez para sempre, estes primitivos e condenábeis comportamentos.

Hipocrisía

Te puede interesar