A guerra que non cesa

Poñer a outra meixela é un signo pacifista un pouco en desuso, ser humillado e agredido conleva unha resposta inmediata de defensa. Cando esto ocorre entre dous países atopámonos diante dunha guerra cuxas consecuencias case sempre son imprevisibles xa que por un sin fin de razóns, moitas delas coñecidas, implícanse no conflito outros países, uns apoiando ao que agrede e outros ao agresor, e neste escenario xa temos montado o monumental balbordo que tanto afecta a todo o mundo sen que isto sexa dito en sentido figurado.
 

A guerra en Ucraína estase prolongando máis do que esperaba Putin, o agresor, que imbuído no seu afán imperialista quere recuperar territorios da extinta Unión Soviética outrora perdidos por mor daquela “Perestroika” de Gorbachov á que se atribúe a desintegración da Unión Soviética en repúblicas independientes. Isto foi algo difícil de asumir polos defensores a ultranza do “imperio” entre eles o presidente actual de Rusia que non estivo disposto a admitir por un lado a desintegración da URSS e por outro o colapso socialista nun intre no que o outro “imperio” extendía os seus tentáculos ata a porta mesmo de Rusia. Así as cousas só facía falta alcender a mecha.
 

Esta reflexión pode que sexa simplista e que por detrás de todo isto haxa outros motivos menos confesables o que da pé a que entren a saco os defensores de Rusia e os de Ucraína con todos cos seus argumentos. Un dos que maís chaman a atención por parte dos que están do lado da reacción de Putin é que en Ucraína impera un réxime nazi, algo intolerable as portas de Rusia. Home, se isto fose certo non creo que “per se” xustificase unha invasión a un país veciño e soberano precisamente por parte doutro  que non se caracteriza por ser un exemplo de democrácia. Eu creo que en realidade detrás de todo este asunto tremendo da guerra está a sempiterna economía, motivación que propiciou case todas as guerras que no mundo foron.
 

E todo este lío tremendo  estános afectando directamente no noso cotiá devir onde algúns tratan de encheren a súas faldriqueiras a costa do sofremento dos demais. O socorrido argumento de que todo sube por culpa da guerra en Ucraína de tanto repetilo case o damos por certo pero ollo, pode que sexa unha desculpa especulativa por parte dos mercaderes aproveitando a nosa precaria autosuficiencia e máis nos produtos enerxéticos. Suben estes, logo sube todo e nunca na mesma proporción.
 

Non sei en que rematará todo isto.Putin acaba de manifestar que se Ucraína pon un pe en territorio ruso non tería reparo en botar man do armamento nuclear. Non creo que se dea o caso, pero a advertencia está aí. Todo isto me leva a pensar que os seres humanos non temos remedio.

A guerra que non cesa

Te puede interesar