Golpes no Estado

E interesante comprobar a diferenza que supón a utilización en galego, das distintas preposicións no contexto dalgunhas frases. Por exemplo: Non é o mesmo,  “ser un alcalde de carallo”, que “ser un alcalde do carallo”. Ou tampouco é igual: “dar un golpe de Estado” , que  “dar un golpe a o Estado”. Eu non sei cal será a diferenza, se a hai, mais sobre da segunda sentenza, hai que fiar moi fino para saber o que pretendían os camioneiros, con aquelas medidas de forza, que poderían poñer en dificultades ao Goberno e a millóns de familias que non puidesen atopar alimentos nos mercados, a milleiros de empresas que non poderían producir por falta de materiais, a empresas sen poder comercializar a súa produción, ou aquelas que non puidesen alimentar ao gando. En fin, que podería ser un desastre total. E todo a través dun colectivo como o dos camioneiros, que tiña unha grande estima, dentro e fora de España,  pola súa profesionalidade. E digo “tiña”, porque penso que agora , xa non. E por certo, quen organizou aquel intento de “golpe”? Habería algún “Elefante” agochado? Nese caso, coido que  non sería branco, ou si? 

Golpes no Estado

Te puede interesar