Fillos das estrelas

Se pensan facer unha visita ou volver polas fermosas terras das illas atlánticas, aproveiten a oportunidade e fagan unha excursión ao Parque Nacional do Teide pola noite, e ao pe da gran montaña mai dispúñanse a contemplar as estrelas como poucas veces se poderán ver fora deste ceo que, xunto ao das illas Hawai, está considerado como o máis limpo do mundo.
 

Alí, un experto, dounos unha lección maxistral aproximándonos ao gran mistério do Universo dun xeito tan ameno e didáctico como ideal para facer adeptos e saír de de alí coa necesidade de acadar máis datos sobre unha materia na que pouco reparamos.
 

Eran como as nove da noite e logo de adaptármonos a retina á escuridade dixo que íamos ter a sorte de ver, aló polo horizonte ao oeste, preto do cúmio da gran montaña, a Estación Espacial Internaconal, primeiro coma unha pequena estrela e logo na medida en que chegaba ao noso cenit, coma a más grande delas. Brillaba polo efecto do sol ao incidir nos seus paneis solares do tamaño dun campo de fútbol e voaba a unha velocidade de 27.000 quilómeros por hora a unha altura de 400 quilómetros o que significa dezaseis voltas á Terra en 24 horas. Todo parecía de ciencia ficción. Na actualidade está ao mando da Estación a astronauta italiana Samantha Cristoforetti.
 

Aló enriba estabamos preto aos cero graos , así que facía un frío de mil estalos e era preciso abrigármonos, pero iso non era impedimento para que seguiramos atentos as explicacións que facía o experto cun punteiro láser na man como se estivese indicando a posición das estrelas nunha pantalla pendurada na parede, pero neste caso a superficie da proxección era a negra bóveda celeste. Apuntou a estrela Polar, a que sempre está aí inmóbil e que resulta ser un compendio de estrelas a catrocentos anos luz de distancia da nosa Terra; mostrounos algunha constelación e parte da Vía Láctea á que pertencemos. Foi unha velada inesquecible que, malia o frío propio da alta montaña, tirou a curta
 

Todo isto fíxome pensar no pouco que reflexionamos sobre esta materia na que se encontra sen lugar a dúbida o noso orixe. Non se pode ser tan egoista e pensar que estamos solos na inmensidade do Universo, e si poñer a vista bastante máis aló, afincar os pes no chan e levantala para comprobar o pouquiño que somos no mundo das estrelas.
 

Aquela lección maxistral rematou cunha frase coa que me quedei. Dixo o astrónomo: “Todas as crenzas relixiosas marecen respecto pero non lles caiba dúbida que somos fillos das estrelas e temos preto de cinco mil millóns de anos”. Marabilloso, non si?

Fillos das estrelas

Te puede interesar