Feixoo escoita, estamos en loita

Fai tres anos aproximadamente a ONU comunicaba que as perdas debidas aos desastres naturais provocados polo cambio climático, aumentaron perto do 151% nos derradeiros 20 anos. Este informe concluía que, as perdas ascenderon a perto de 2.25 millóns de millóns de dólares nas derradeiras dos décadas, mentres que no período 1978-1997 so foi de 885 mil millóns de dólares. Segundo Ricardo Mena especialista da ONU, se non se aborda isto con urxencia de xeito frontal e colectivo, os desastres climáticos irán cada vez a máis no futuro mediato. Este informe era do 2018 e dous anos máis tarde aparecía a pandemia que nos está a deixar a todas machacadas. O 4 de xaneiro deste ano, publicábase no portal de novas médicas e ciencia Medical Express, a noticia de que os bebes nados durante o primeiro ano de pandemia, tiñan puntuacións lixeiramente menores en probas de desenvolvemento en habilidades motrices e sociais, aínda que a nai non sufrira nin padecera a Covid-19, posiblemente pola situación de estres que nos tocou vivir.

O estudo no que participaron 255 bebes nados no Hospital infantil Morgan Stanley e no Hospital Allen de New York- Prebiyterian entre marzo e decembro do 2020, publicouse na revista JAMA Pediatrics.

Con certeza que poderiamos escribir un libro sobre todo o que esta a pasar no planeta por mor do cambio climático, producido senón única, si case en exclusiva, polo sistema económico dominante no planeta. Seria lóxico pensar, que os nosos gobernantes están a porse as pilas para intentar mitigar o desastre ambiental-económico e social que se nos aveciña. Unha das patas do cambio que tiña que estar producíndose, é o cambio do noso método de transporte privado, cara a un colectivo e público Sería o lóxico,o normal, o desexábel. Mais polo visto os señores do PP parece que non están polo labor.

Xa non é que non fagan nada, se non que en vez de por en valor e mellorar o transporte público, o que fan e empeoralo, como está a suceder coa liña Ferrol-A Coruña por estrada (do tren mellor calar). Eso si, cada vez que as afectadas decídense concentrar, para chamar a atención da sociedade do problema que están a padecer desde fai aproximadamente un ano, a Xunta de Galicia, o dia anterior, tira de talonario e saca nos mass media, supostas melloras que non son máis, que uns simples parches que non solucionan realmente o problema.

Xa remato: señor Feixoo igual que oseñorCasado vai explicar as bondades das macro-granxas a unha gandería extensiva, vostede pode ir a explicar as bondades do que é a súa concepción do transporte público, a un concesionario de carros de alta gama. Ao mellor así, creémoste. Vaia cracks señorías do PP, vaia cracks!


Feixoo escoita, estamos en loita

Te puede interesar