lll

Recibe cada mañana las últimas noticias. REGISTRARME

Recibe las noticias desde Telegram. ÚNETE

Fai falta algo máis que remar

os que me coñecen saben ben da miña afección aos deportes, a uns máis que a outros como  e natural. Son dunha vila na que o remo tivo outrora incidencia importante cando aquelas dotacións de bateis, nos que remaban moitos amigos meus, acadaban campionatos de España,  malia non practicarse esta modalidade en toda ela.


A pesar diso o remo de bancada fixa non é unha especialidade que eu siga con expectación, non obstante recoñezo e valoro o esforzo que supón para clubs e remeiros o sacrificio de estaren  aí, como é o caso da traíña de Ares que se está batendo nunha liga que pertence a outra dimensión, o cal acrecenta moito máis o mérito. Fai falta algo máis que remar.


Competir na liga Eusko Label, na que as dotacións do país vasco ditan a súa lei, loitando por manterse a flote  é unha misión case imposíbel, porque malia a “profesionalidade” dos remeiros de alá,  inflúe de xeito decisivo o potencial económico dos clubs cos que Ares por razóns obvias non pode competir. Estaren aí, na división de honra na liga dos vascos,  facendo historia por dúas tempadas consecutivas xa é mérito dabondo.


Que se podería facer para manterse na elite? Como profano que son nesta materia non o sei, pero intúo que é fundamental a dispoñibilidade económica para crear unha infraestrutura similar ás das equipas de Euskadi, e para iso é vital dar cun patrocinio de empresas  “moi galegas”, desas que levan a Galicia por apelido. As aspiracións quédanse niso se non hai cartos, e o poderoso  cabaleiro sempre marcou a liña entre o posible e o imposible. É sabido que as empresas potentes apostan pensando na rendibilidade da inversión e estudan se paga a pena promocionar unha traíña ( costaría bastante menos que outras publicidades, pero malia iso resístense). Sería perfecto facer isto compatible cunha axuda institucional que apostara por un deporte xenuinamente galego.


E se isto non chegara a acadarse o mesmo non estaría mal  pensar en  mancomunarse: se non o podes facer  só, únete a outro. Para iso habería que vencer certos localismos que están a flor de pel, pero poderíase intentar.


O feito de que o Club do Mar de Mugardos prestara a súa embarcación a Ares pode ser o principio de entendemento entre ambas as dúas sociedades, traballando cóbado con cóbado formando remeiros que compitan en ligas  inferiores facendo méritos para, co tempo, formaren parte da grande equipa, desa equipa que compita na elite e se manteña. MUGARES? . Vale, é unha arroutada miña, pero deixarme soñar que fraguar soños non custa nada, oh! Pois iso. 

Fai falta algo máis que remar

Te puede interesar