Equivocación

Contan as crónicas que, ao remate da proclamación do Sr. Sánchaez como Presidente do Goberno, o rexeitado aspirante, o Sr. Feijóo díxolle: “Esto es una equivocación”. Supoño que o referido político tería as súas razóns para dicilo, pero coido que non aclarou de quen era o suposto erro. Sería a súa propia equivocación o que fixo posible o trunfo do seu rival? Sería un erro do Sr. Sánchez por facer pactos legais con diferentes partidos? Ou serían culpables todos os españois que votaron aos partidos que apoiaron ao Presidente? Neste último caso, habería que perdoar a todos eses millóns de votantes, por facer uso da súa liberdade de elección, liberdade que durante moitos, moitos anos, non puideron exercer, porque non os deixaron. Tal vez foi unha expresión de nostalxia o lamento do Sr. Feijóo lembrando aqueles tempos? Non sei. 

Equivocación

Te puede interesar