Empeñados no lavado de memoria

Había xente, incluso de esquerdas, que pensaba que a irrupción do señor Feijoo na política nacional era positiva para os intereses deste país porque consigo levaba un áurea de moderación que outros dirixentes de dereitas non posuían. O señor Feijoo chegou a Madrid e alí atopouse cun marcaxe férreo, ao home, que lle obrigou a deixar a un lado o terno de lider moderado e a emprender outro camiño polo sendeiro do enfrontamento aberto enchido de medias verdades, cando non de mentiras. E non sei como lle irá con esta estraéxia raiando no radical que tanto satisface a algúns membros do seu partido.


Non son politólogo e cada vez interésame menos a política baiuqueira, a de de manobras orquestrais na escuridade dos despachos dos partidos, pero preocúpame o camiño que nos leva a estes non disimulados radicalismos e o infantilismo con que moitas veces nos tratan os dirixentes, ou aspirantes a selo. E sego co señor xefe da oposición e as súas lamentables declaraciósn cando se refire á exhumación dos restos mortais de Queipo de Llano da Macarena de Sevilla en cumprimento da Lei da Memoria Histórica. O aspiante a vivir na Monclóa di que hai que deixar descansar en paz aos mortos e se queda tan tranquilo. A que mortos, señor meu? Os mortos descansan todos porque xa non viven, pero moitos prevalecen na nosa memoria polo ben que fixeron ou por todo o contrário. Flirtear co totalitarismo, tratar de borrar a memoria e facer punto e final co gallo de exoneraren aos xenocidas só ten un nome: aquiescencia. E Queipo de Llano foi,  ao que se lle atribúe a desaparición de maís de 43.000 persoas, o que exhortaba á tropa a violar as mulleres dos “rojos” para que soubesen quen eran os homes de verdade e con todo estaba enterrado, e segundo o señor Feijoo descansando en paz, no recinto relixioso da Basílica da Macarena de Sevilla. Un personaxe coma este, por pura lóxica cristiá , non podería estar descansando en paz dados os seus antecedentes e si máis ben revolvéndose na súa tumba. Pero non contento con esta referencia á paz do cemiterio, vai e de seguido di que o golpe de estado que dou lugar á Guerra Civil foi “unha pelexa entre os nosos avós e que xa foi”. Non sei se saberá este señor do que falo a quen se estrá dirixindo, se a unha poboación de lelos ou a alumnos de parvulario. Non é bo intentar lavar a memoria para limpala do que non lles interesa a algúns. E a este señor habería que lle lembrar que a tumba de Queipo de Llano é presente, que os máis de cen mil mortos que fican ainda desaparecidos polos camiños do noso país tamén son presente, e que non lle fai ningún favor á democrácia deste país tratando de frivolizar con estas cousas.

Empeñados no lavado de memoria

Te puede interesar