O emérito

Seica houbo quen lle asignou ao ex–rei Juan Carlos o alias de “xarrón chino” aplicado aos altos cargos cesantes, pola dificultade de buscarlles un acomodo, mais neste caso, coido que lle acae mellor o de “árbore caída”, polo entusiasmo que poñen algúns en facer leña del. Esa actitude, ademais de falta de elegancia política, amosa unha escasa calidade humana, por aproveitar calquera ocasión para furgar nas feridas do Emérito e da súa familia, co pretexto de condenar á Monarquía. Eu, que non son monárquico e que, malia a miña pouca importancia, sufrín desde moi neno ata agora, humillacións e desprezos por parte do clero e de case todas as cores políticas, confeso que me sentiría moi honrado de poder darlle unha aperta a aquel que, nun 23 F, con meu fillo “recluta”, embarcado no tren camiño de Madrid, fixo posible, que puidese durmir toda a noite, despois de escoitar na tele o seu discurso, confiado e relaxado, despois daquelas horas de angustia e incerteza. E por suposto que lle debemos moitas cousas máis, nembargante, esa en concreto, non a esquecerei mentres viva. Abofé.

O emérito

Te puede interesar