Do medo escénico

Sabemos que o feito de saír da zona de confort, provoca reaccións de amplo espectro. Poden ser moi variadas, dende simples -aínda que molestas- urticarias, ata a perda absoluta do control das situacións. O grao de afectación de este mal, ten moito que ver coa experiencia, a formación e iso que se define vulgar pero elocuentemente, como ter o cu pelado de pelexar tantas batallas. 
 

E aí radica o problema do novo mandatario popular Núñez Feijoo. Que de batallas e demais descoñece moito máis do que coñece. Viviu sempre nos cargos de dirección e foi sempre elixido, máis pola imaxe que pola xestión, ata que finalmente Fraga o designa coma sucesor. 
 

O resto da historia é ben sabida. Feijoo está a vivir en carne propia o que é a dureza de convencer e dominar a un partido, con múltiples persoas e personaxes, e con intereses territoriais moi diversos. 
 

A cada paso que da, máis deixa as costas desprotexidas e con cada novo tropezón, máis sinte os murmurios de desconfianza dos seus, duros e afiados coma coitelos. Non gaña para reveses. Co último, a desautorización expresa do Grupo Popular Europeo, que apoia ao Goberno de España no tema da Reforma das Pensións, a súa credibilidade e a súa capacidade de xestionar conflitos, queda totalmente destruída. Na sociedade e no PP medra o sentimento de desconfianza no seu líder. 
 

E unha especie de medo escénico acaba por invadir a Feijoo, quen ante micrófonos, entrevistas e debates, comete cada vez máis erros -non só en economía ou xeoestratexia- e ata nos temas máis triviais, acaba por enredarse, perderse e deixar frases sen sentido. 
 

Sofre o medo do porteiro ante o penalti e acusa a friaxe da soidade no cumio do escalafón. O peor para el, é que sabe que isto, non fixo máis que empezar.
 

Vivimos na mirada namorada, na viaxe inacabada de sentir...

Do medo escénico

Te puede interesar