Dos desterrados

Hai realidades e persoas con traxectorias e bandazos sorprendentes. Persoas que parten dunha certa complexidade intelectual, para chegar, pouco tempo despois, ata a máis insoportable levedade. Sería o caso de Ramón Tamames. Un personaxe que, partindo dunha posición de liderado do Partido Comunista español,  acaba sendo o candidato proposto por Vox nunha moción de censura. Non é de estrañar.


Tamames xa cambiara de partido con anterioridade e foi o concelleiro tránsfuga de IU que, nunha Moción de Censura, deu a Alcaldía de Madrid -en mans de Barranco- a Rodríguez Sahagún do CDS. Sahagún só contaba con 8 concelleiros; 16 concelleiros menos que o PSOE e 12 menos que o PP. Manobra orquestral perpetrada na escuridade letal das conspiracións, co Partido Popular.


Non sei se é cuestión de necesidade perentoria de protagonismo; de crerse na posición de ter unha superioridade moral e/ou intelectual que o capacita para este encargo, ou por unha ambición, un ego desmedido, que lle impide ser consciente dos fregados onde se mete aos seus case 90 anos. Desterrado da normalidade, o peor é que actúa coma un branqueador da estrema dereita e semellase estar feliz de facelo. Empeza unha opera bufa, veremos se chega a bo termo, ou remata nunha nova espantada, das moitas que ten xa realizadas. Pero para desterrados forzosos, Ucraína é a que se leva a palma. Xa ten un ano o drama da invasión rusa da Ucraína. Un ano de éxodo masivo, de morte e destrución ao máis puro estilo das, que pensabamos irrepetibles, dúas Guerras Mundiais. Unha traxedia inútil,  que provocou na sociedade unha dor intolerable e provocou unha  fuxida forzosa de millóns de ucraínos para salvar as súas vidas.


Desterrados, habitantes opacos das fronteiras internas -que dixera o poeta- loitadores eternos, rebelión de xustiza ante unha invasión inxusta e excesiva.


Ti es o patrimonio xeneroso, a emoción serenamente conmovida da gratitude eterna do sentido...

 

Dos desterrados

Te puede interesar