O desmantelamento da sanidade

amultitudinaria manifestación celebrada en Madrid esta fin de semana en defensa da sanidade pública pon sobre a mesa dúas cuestións que non son discutibles: que a defensa da sanidade pública preocupa, e moito, á cidadanía e que existe un enorme descontento social coa xestión sanitaria do Partido Popular.  
 

En Madrid o caótico plan de reorganización dos centros de urxencias extrahospitalarias, en Castela León a derivación de pacientes á sanidade privada e en Galicia o colapso dos servizos sanitarios pola falta de recursos e profesionais deixan en evidencia que a única aposta da dereita, onde goberna, é a favor da privatización da sanidade pública.
 

Os gobernos autonómicos do PP están a desmantelar o sistema sanitario público, recortando persoal, recursos, pechando urxencias, centros de saúde e incrementando as listas de espera. 
 

E o fan desde o desprezo aos profesionais sanitarios que deron a cara por nós nos peores momentos da pandemia e reclaman máis medios e recursos e dende o menosprezo aos miles de cidadáns que ven como cada día empeora a atención sanitaria que reciben. 
 

E mentres Ayuso nega a realidade acusando á esquerda de inventar problemas para tratar de desestabilizala, Feijóo cala porque o que está a facer Ayuso en Madrid é o mesmo que fixo él en Galicia cando gobernaba: recortar recursos para o sistema sanitario. 
 

Os socialistas estamos e estaremos sempre do lado dos sanitarios e dos miles de cidadáns que piden ter unha sanidade pública de calidade prestixio e que garanta o dereito á saúde de todos independentemente da súa renda.  
 

Estamos e estaremos sempre a favor do incremento do gasto público en sanidade como demostra a decisión do goberno de Pedro Sánchez de duplicar, nos Presupostos para 2023, os fondos do Plan de Acción para a Atención Primaria para entregalos ás comunidades autónomas. Iso si, dada a experiencia galega, debemos advertir da necesidade de que eses fondos teñan carácter finalista se non queren que pase como aquí, cando Feijóo desviou 159 millóns de euros do fondo covid a outros fins.

O desmantelamento da sanidade

Te puede interesar