Democracia... coa lei mordaza?

Aínda que chegue no último momento (se cadra porque se quería dar un escarmento dende o poder?...) a suspensión pola Audiencia Provincial da pena de prisión para Xesús Anxo López Pintos, ex secretario comarcal da CIG da comarca de Ferrol, “durante dous anos a condición de co acusado non cometa ningún delito nese período” é unha medida positiva. A decisión constata tanto o desproporcionado da pena así como a oposición social, moi especialmente da clase obreira, á aplicación da Lei Mordaza contra as accións reivindicativas do ámbito laboral, social e político. A este respecto o secretario comarcal da CIG Manuel Grandal denunciaba que o proceso ao que se tivo que enfrontar Pintos “constitúe un escarmento á loita sindical e a reposta social que non podemos permitir”, e denunciaba a desmesura do proceder que foi vítima Pintos, tanto no relativo á súa detención como ao proceso xudicial posterior, valéndose da aplicación máis humillante da chamada Lei Mordaza.


Polo tanto, mesmo coidando que a suspensión é un paso positivo, as centrais sindicais (CGT, CIG, CCOO e UGT), seguen esixindo “que se lle retire a totalidade da condena” xa que é inxusta. Piden estas centrais que se lle conceda o indulto ao ex-secretario da comarca de Ferrol da CIG, mais tamén esixen a derrogación da chamada Lei Mordaza. Así o expresaron na mobilización do pasado martes no Ferrol na que, malia a chuvia, a participación de manifestantes foi numerosa. Lembremos que os feitos polos que foi condenado sucederon no ano 2012, tras un incidente coa policía durante unha pegada de carteis, no marco dunha campaña convocada polos comités de empresa de Navantia e Poligal en demanda de carga de traballo para manter a actividade produtiva e o emprego.


O Governo central comprometeuse a derrogar a Lei Mordaza, porén mesmo a reforma segue paralizada no debate parlamentario, amosando debilidades e diverxencias. Especialmente respecto de como tratar a mobilización e conflitividade laboral e social. Mesmo con fores matices, hai unha postura moi distinta por parte das forzas que apoiaron a investidura de Sánchez, e que os partidos da dereita que son totalmente refractarios a realizar modificacións. Os choques son máis fortes respecto da utilización de material antidisturbios, a actuación diante da protesta social, e en relación ás atribucións das forzas de seguridade. Polo que a reforma da Lei leva paralizada meses. Casos como os de Pintos deixan en evidencia seu carácter represivo da protesta laboral, polo que a súa modificación é urxente.

Democracia... coa lei mordaza?

Te puede interesar