Datos

No vello manual apuntan que se non hai argumentos, debemos ter ruído. E esa parece ser a consigna da dereita local e do resto da oposición. Pero, o alcalde Ángel Mato está decidido a poñer os datos sobre a mesa. Así sabemos que fronte á suposta non xestión do goberno socialista, xa adiantou ao PP en investimentos e iso que aínda queda un ano para finalizar este mandato. E o dobre con respecto aos comúns. Tal e como recolle o portal de transparencia.


En democracia o desenvolvemento de Ferrol sempre foi ideado polos socialistas, e ante o continuo cambio de cor nos gobernos locais – os demais– só seguiron a súa senda. Quizais o maior problema o teña o PP cunha delegada da Xunta que está desmedida facendo política municipal, suponse que para confrontarse co alcalde? Pero que só eclipsa ao grupo popular e ao seu propio candidato. Claro, a non ser que sexa ela a candidata “in pectore” da dereita.

Datos

Te puede interesar