Curso de pensamento

Celebrouse os días 6,7 e 8 no salón de actos do vicerreitorado do Campus de Ferrol  a vinte e tres  edición, logo de dous anos de parón por mor do confinamento provocado pola pandemia, do “Curso de Pensamento Carlos Gurméndez” que organiza o Club de Prensa de Ferrol baixo a dirección do profesor Alberto Sucasas e a coordinación da profesora  Esperanza Piñeiro.  O Curso cumpriu coas expectativas previstas xa que houbo una considerable asistencia de publico cada día  a todas as conferencias. Baixo o suxestivo título de  “A Muller na Ciencia e na Cultura” cada un dos poñentes foron expondo os diversos aspectos do papel da muller nunha sociedade na que o home xogou, e en certo modo xoga, un papel preponderante. Hai certos estereotipos que aínda non se superaron e que están implícitos e marcan a idiosincrasia feminina, patróns que prevalecen e nada doados de superar. Si e verdade que sen dúbida avanzouse polo camiño de acadar a ansiada igualdade, non e menos certo que aínda queda moito traxecto por percorrer. Escoitando todo o que alí se dixo, pasoume pola mente a opinión sobre a muller que tiñan certos homes “ilustrados” aló nas dúas primeira décadas do século XX, hai menos de cen anos, o que ven ser na idade cósmica como antonte.  Unha  desas mentes privilexiadas era a de Don Roberto Nóvoa Santos, prestixioso médico e pensador que non tiña precisamente un bo concepto da muller,  como así mesmo non o tiña outra celebridade: Don Gregorio Marañón. Este chegou a manifestar que o home e a muller non son iguales por razóns fundamentalmente biolóxicas. O rol da muller para Marañón  era o de ser mai e  considerábaa intelectualmente inferior ao home. Non é que este criterio fora orixinal de Marañón, pois xa se viña fraguando dende finais do século XIX polo misóxino Moebius que publicara o seu libro “La inferioridad mental de la mujer”. E para rematar con Marañón quédense con isto: Dixo que: “hai mulleres famosas que coa súas actividades equiparáronse á dos homes e iso débese a que nos seus rasgos fisicos , na súa sensibilidade, na súa mentalidade, hai tons marcadamente masculinos”. Aí déixoo. Outro machista empedernido era o noso aludido paisano Don Roberto  Nóvoa Santos que deixou perlas cultivadas baseadas na súa opinión a cerca do sexo feminino. Chegou a escribir un libro titulado: La indigencia espiritual del sexo femenino: las pruebas anantómicas, fisiológicas y psicológicas de la pobreza mental de la mujer” (1908). Logo destas aseveracións  de marcada misoxinia destes dous homes, un deles candidato ao Premio Novel, non é difícil comprender o que tiveron que loitar e sofrer as mulleres e o que queda aínda por percorrer neste sentido. O Curso, como non podía ser doutro xeito, serviu para aclarar certos cuestións ao respecto.   

Curso de pensamento

Te puede interesar