Comprender

Hai xa xeracións que creceron no dixital e a súa visión do mundo pasa a través dunha pantalla. Non digamos o que pode acabar sendo esa nova versión de vida ficticia do “Metaverso”. Agora os eixos da comunicación, non sei se “información”, son a imaxe e o son, fundamentalmente.
 

O asunto son as dúbidas que un ten cando escoita a esas xentes que están todo o día conectados ás redes. É evidente que hai unha fragmentación social, que hai quen desde tempo a súa información son cachiños sen relato propio e sen saber realmente cal é a procedencia. Así mesmo, observamos como moitos teñen grandes dificultades para ler e, moito máis, para comprender un texto escrito. De feito, escapan ao mínimo atranco. 
 

O problema radica en que unha ausencia de capacidade na comprensión lectora facilita a manipulación das persoas. As embrutece intelectualmente e son pasto de absurdas teorías. Só aquelas persoas que manteñen hábitos de lectura son quen de avanzar de xeito racional.
 

Igual hai que facer un alto. Repensar o modelo social, sobre todo educativo. Garantir que todas as persoas teñan acceso a unha ferramenta tan básica como comprender o que un está a ler. A liberdade - en sentido amplo - está na nosa man.

Comprender

Te puede interesar