Columna de opinión

Estes días, a miña filla pequena dicíame que debera dedicar un espazo a falar de que van case setecentos artigos publicados no Diario de Ferrol. E o primeiro apunte ten que ser de agradecemento ao xornal pola súa confianza. Son consciente de que teño escrito cousas máis ou menos boas, malas e moi malas. Iso denota a gran tolerancia que tiveron todos estes anos comigo. Máis, cando un tivo que ir aprendendo, evolucionando e moitas das veces saíame dos parámetros, máis o menos lóxicos, dunha columna de opinión. Suponse que un debera ter como propósito dar a coñecer feitos de interese colectivo e da realidade. Pero, o certo é que neste tempo fun escribindo opinión, ideas e comentarios culturais, incluso publicando pequenos relatos de mil douscentos caracteres. Para min hai unha fonda conexión coa literatura. É aí a contradición. Porque a literatura é ficción, que segundo Vargas Llosa é unha mentira para vivir outras vidas. Mais, el sostiña que os artigos periodísticos teñen que achegarse – de xeito especial – á realidade. Talvez, eu síntome máis preto de Alex Grijelmo que aseguraba que as columnas de opinión son o xénero de maior liberdade posible. Precisamente, a que me da o Diario de Ferrol.

Columna de opinión

Te puede interesar