Las carga el diablo

Non me gusta este casoiro en plena lúa de mel do presidente Sanchez co americano Joe Biden. Non estou de acordo con que o cumio da OTAN se estea a celebrar en Madrid nin tampouco coas decisións que alí se están a tomar. Moito menos con ese liderado, Biden dixit, do noso país na guerra de Ucrania. Todo elo, que atufa dende lonxe, pode traer represalias para o noso país.
 

Leo no xornal o artigo de Fernando Ónega que non ten lixo. Penso que no Goberno e na mesma OTAN deberían lerse e analizarse polo miúdo ás súas verbas antes de chegar  a conclusións que logo serían irreversibles. 
 

O portavoz da Presidencia Rusa Dmitri Peskov afirma que a OTAN é un bloque agresivo que busca a confrontación. Así o certifica ese aumento de ata 300.000 efectivos de alta dispoñibilidade da chamada AlianzaAtlántica e a imposición a os seus países de incrementar ata un 2% do PIB os gastos en defensa. Todo elo dirixido a unha guerra sen precedentes. O secretario xeral da OTAN prometeu onte ao presidente de Ucrania Volodimir Zelensky que na cume que se está a celebrar en Madrid,” se intensificará el apoyo a nuestro socio Ucrania, ahora y a largo plazo “. Para botarse a tremer.
 

Dende o ano 1936, no que o cuñadisimo Serrano Suñer, un nazi-falanxista  lanzou o berro Rusia es culpable, provocando unha guerra que durou tres anos con tres millóns de mortos e o país arrasado durante moitos máis, a URSS, dun ou doutro xeito, sempre é culpable.
 

Non quero pecar de catastrofismo pero a  guerra da que se fala hoxe con pasividade e con resignación como algo inevitable, terá consecuencias terribles, millóns de mortes, fame e enfermidade con centos de cidades e países arrasados no mundo enteiro.
 

Non me resisto a transcribir aquí, pola súa importancia, as verbas de Fernando Ónega na Voz de Galicia: 
“Hay una miopía de Europa que no acierta a ver como los EEUU la están convirtiendo en el campo de batalla de una guerra que se está preparando y que tendrá que ser necesariamente nuclear.”
 

É por todo isto polo que insisto de novo en que tódolos países, OTAN incluída, miren na mesma dirección que é a da Paz, non hai outra mellor, e que non esquezan que as armas as carga o demo; ... e tamén as fai estoupar.

Las carga el diablo

Te puede interesar