Son un cara (III)

Vivimos nunha sociedade onde unha parte dela, reacciona con medo ante a diversidade. Entre eles, os poderosos, os cales, dedícanse a lanzar estereotipos, ademais de, introducir no ambiente discursos de odio sobre outros colectivos. Si xa como norma e desde os tempos pretéritos solemos categorizar (homes- mulleres, ricos -pobres ect..).co cal uns sempre saen peor parados que os outros, con todas estas falsas afirmacións, a cousa agrávase máis, producindo en nós, repudio cara eses outros e dinamitando a convivencia da sociedade. Moitas veces os estereotipos ect. soan tanto no ambiente, que para a maioría de nós pasan desapercibidos, mais para as persoas que os sofren, é unha pedra moi pesada, que teñen que levar día tras día. Porque estes prexuízos  son lanzados ao ambiente, por persoas que están 2 ou 3 niveis socialmente por encima da media, xa que, senón, estas falsidades no sobrevivirían no medio. Con isto o que buscan, é meter na conciencia da sociedade, nas mentes das xentes, estas falsas verdades, para que as interiorizemos e as fagamos como nosas e deste xeito, vexamos esa realidade tal como eles queren, dándoa ademais por correcta. Porque si facemos destas falsas crenzas verdades, todo o que veña despois demostrando a realidade tal como é, non so non lle faremos caso senón que,seguiremos tomando esas falazes ideias como boas. Ideias que sen darnos de conta, impuxéronnos de xeito interesado e fraudulento.
 

Máis o terríbel de todo isto é, que no caso das persoas empobrecidas, unha parte importante delas, chegan a interiorizar estes prexuízos, estes bulos, condenándose a si mesmos e responsabilizándose da súa situación. E aínda que nalgúns poucos casos, isto puidese ser en certa medida “verdadeiro”, e indubidábel que o principal responsábel da súa situación, é o sistema económico dominante, o cal, prioriza  os lucros a os seres humanos, en calquera das súas etapas. Fai uns días nunha revista científica  publicaban un informe, que concluía sen ningunha dúbida, ca combustión das enerxías fósiles, as partículas que producen, se depositan nos órganos fetais. Incluso antes de que haxa algo que poida chamarse ser vivo, xa os fetos conteñen partículas de carbono negro, as cales, entranlles  pola respiración da nai e sabese, que moitos deses nados van ter serios problemas de saúde, chegándolles a morte antes de tempo en moitos casos e ademais algunhas mulleres,o embarazo non conseguirán fructifica-lo. Pola contra, desde fai bastante décadas, hai tecnoloxía para evitar que estas partículas saian ao aire, mais os beneficios das petroleiras e das empresas mineiras serían menores. Aínda que isto final non ten que ver coa pobreza ( desculpas), si é un indicador clarificador do que significa o Capitalismo.

Son un cara (III)

Te puede interesar