Camiño a seguir

O episodio vivido onte dun foguete, 21 Tn a 28000 Km/h, disque fóra de control, da unha idea dos tempos que estamos a vivir. Está claro que este feito foi debido a unha irresponsabilidade por parte de China, e non é a primeira, ao non asumir riscos innecesarios por razóns económicas, provocando situacións de emerxencia na navegación aérea. No noso país, por poñer un exemplo, houbo que aprazar 300 voos coas conseguintes perdas persoais e económicas . Arrepía pensar no desastre que significaría si o artefacto en vez de  caer no océano Pacifico o fixera nunha zona habitada. Que é o que está a pasar con China?. Non esquezamos que a orixe do Coronavirus foi precisamente alí, seica debido a unha emerxencia. 
 

O mundo, cada día máis tolo, está nestes intres dividido en dous bandos con dous países predominantes e dalgún xeito antagónicos, Rusia e os EEUU. Vivimos uns tempos cada vez máis avanzados na ciencia e na cultura pero tamén na capacidade de auto destrución. Unha terceira guerra mundial da que se está a falar arreo co gallo da guerra de Ucrania, acabaría coa civilización na terra, e non o digo eu só, xa hai moitos anos Albert Einstein deixou dito que unha cuarta guerra mundial sería con paus e pedras como 

armas.
 

A propósito desta guerra a que non se lle ve o final, China, dadas a súas relacións e influenza co Rusia, ten moito que dicir sobre ela.
 

Hoxe apareceu unha pintada nunha parede aquí en Caranza que di: “Putin e OTAN, asasinos”, que non vai moi desencamiñada se temos en conta o elevado número de mortos en oito meses. Putin, Rusia e China por unha banda e a OTAN cos seus vinte e nove membros pola outra, o que teñen que facer é procurar solucións pacificas para deter esta loucura que xa dura moito tempo provocando mortes e destrución sen conto. A solución pasa pola creación dunha comisión formada por xente con boa vontade e sentido común, que habela haina nunha e outra facción, coas seguintes metas inamovibles como punto de partida: Recuperar o respecto perdido á vida humana, prohibir a fabricación, uso e tenencia de armas de destrución masiva, e cese inmediato das hostilidades mentres duren as conversas.
 

Este é o camiño a seguir,  máis necesario e urxente cada día que pasa.

Camiño a seguir

Te puede interesar