Buscan perpetualo no tempo

Fai unhas horas asistín a un pleno onde se debatía ou si ou non da retirada da estatua que ten en esteiro (Ferrol) o golpista e fascista sanguinario González LLanos. Interveu o bon e xeneroso de Manuel Mongue (sociólogo) dicindo que tiñamos que acabar para sempre con estes vestixios do nacional catolicismo na nosa cidade. O que esta a escribir esta totalmente de acordo, que un personaxe deste calado, non pode ter nestes tempos nin un minuto máis, unha estatua que o aupe socialmente . Mais o que é certo, é que aínda que podamos tirar tódalas estatuas e cambiar os nomes de tódalas rúas e prazas que leven esta simboloxía franquista, o que é certo repito, é que o nacional catolicismo e outras ideoloxías do odio, compre combatelas doutros xeitos. Porque máis perigoso que ter unha estatua (que quede claro que hai que tirala xa) é ter un corpo médico adoutrinado polo opus dei ou ter unha policía e unha adxudicatura en máns de tódolos vellos capos da ditadura e os seus cachorros. Porque neste estado español, a non pasar pola peneira aos cargos do franquismo, para expulsar aos fascistas ao remate da ditadura, estes ocuparon o poder económico-político e social e agora entre os que non dan morto ni a tiros e os seus cachorros, dominan e manexan a política ao seu antollo. Non so pasou aquí. A famosa desnacificación non existiu xamais na Alemaña. A Alemaña “democrática” as elites nazis seguiron ocupando os poderes económicos e políticos e isto aínda a día de hoxe, suponlles unha rémora, a hora de tomar certas decisións.

Porque o que esta claro é que o PP non defende a estatua como tal. Como dicía Ivan Rivas, o que tratan é de branquear a ditadura e eu iría incluso máis alá. O que Rey Varela defende coa permanencia da estatua, é a ideoloxía do nacional catolicismo a cal, segue a defenderse e a facer exaltación dela en moitos centros educativos, os cales para maior inri subvenciónanse con cartos públicos. Centros da igrexa como os que separan por sexo ou levan as nenas a obradoiros de costura e aos nenos a obradoiros de xogar ao fútbol.

En definitiva non se pode falar dos valores democráticos como insignia de un país e ao mesmo tempo, defender ideoloxías totalmente racistas, machistas, misóxinas e homófobas. É indubidábel, que a defensa dos conceptos do franquismo non casan coa vida en democracia e liberdade (non libertinaxe) dos povos. Tiremos a estatua con papeis ou con premeditación e aleivosía se fai falla e ao mesmo tempo, reformemos a educación, depuremos sen medo os órganos do estado de fascistas e non teñamos medo a prohibir partidos políticos, que defenden o autoritarismo e as condutas de odio contra outros seres humanos, que mira tu por onde, soen ser sempre os máis febles.

Por certo o do PSOE ou máis ben do PE de traca.

Buscan perpetualo no tempo

Te puede interesar