As radios libres e comunitarias son esenciais

As radios libres e comunitarias como Radio Filispim a Radio Libre e Comunitaria da Terra de Trasancos na 93.9 FM na que colaborei vai uns anos cun programa radiofónico no que presentaba, cordinaba xunto a amigos chamado Directo de Esquerdas un programa de actualidade política cunha ollada dende a esquerda e a que acudo de cando en vez cando me invita a participar algún compañeiro como Miguel Anxo no seu programa interesante Residuo Cero son fundamentais pra facer pedagoxía política dende a esquerda, pra crear comunidade, pra contribuir a crear un contrapoder a hexemonía do dogma neoliberal, pra darlle voz os colectivos invisivilizados e os movimentos sociais que loitan nas rúas na defensa dos dereitos , pra frear a ultradereita e o fascismo e pra axudar a conformar unha cidadanía democrática, crítica, libre, formada cultural e políticamente.


Ante o avance da ultradereita no Estado Español, na Europa e no mundo é fundamental dende a esquerda facer moita pedagoxía política dende as radios libres e comunitarias desmontando as súas mentiras e discursos racistas, machistas, homófobos, lgtbifóbicos, xenófobos e contribuir a fomentar valores democráticos, solidarios baseados na solidariedade internacionalista, na xustiza social, na defensa da democracia, das liberdades, da igualdade, do Ensino Público, dos servizos públicos, da Sanidade Pública, dos dereitos humanos, etc. É fundamental disputarlle a hexemonía o neoliberalismo e o seu pensamento único onde se implanta unha salvaxe dictadura do capital e todo se mide dende o raseiro económico e todo se mercantiliza incluso as relacións humanas. É moi importante dende a esquerda que nos formemos cultural, política e intelectualmente , que leamos libros, que fagamos moita pedagoxía nos medios de comunicación, nas radios libres e comunitarias, nos centros de traballo, nas universidades, nos centros de estudo, nas fábricas, nas escolas, etc.


As radios libres e comunitarias son fundamentais pra crear espazos comunitarios, de debate político, de socialización, de democracia real, de encontro entre as persoas e colectivas.

As radios libres e comunitarias son esenciais

Te puede interesar