Ardendo

E impresionante a fe que demostran os “pesos pesados” do PP, na figura política que representa o señor Feijóo. Semella que se agarran a el como a un ferro ardendo. É un dicir, porque xa se sabe que o ex- presidente galego non é un ferro e, por suposto, non está a arder. Mais o que si arde, son os montes de Galicia, por mor dunha inexistente política preventiva e por culpa precisamente de don Alberte e de todos os que con el compartían a responsabilidade de gobernar desde hai tantos anos; tantos, que xa perde un a conta. E non serve botarlle a culpa á vaga de calor, aos raios e aos pirómanos, pois sábese con certeza, que para que haxa lume son imprescindibles tres cousas: temperatura alta, unha chama e combustible. Xa que logo, é neste último compoñente no que hai que incidir, porque sen leña, o monte non arde. Así que, o que hai que facer sábeo todo o mundo- Por iso, o eficaz sería que, en troques de pedir que se avise se alguén ve lume, pedir que se avise se alguén ve un lugar onde pode haber un incendio. Estou seguro de que choverian máis avisos que sarabia en inverno. Pero está claro que así non habería desculpa, non é?

Ardendo

Te puede interesar