Abrir a muralla

 a temporada alta do verán, este país queda paralizado e o mundo queda reducido a unha terraza fronte ao mar e un par de libros. Por iso, pretendía deixar á marxe a política municipal, xa tan condicionada polas vindeiras eleccións.


Pero, en Ferrol adiantouse o outono político. Iso si, deixando tamén as claras as estratexias de cada formación. Así o BNG e o PP, no pleno da semana pasada, deixaron á zona rural sen saneamento ao impedir coa suma dos seus votos a aprobación das contas de Emafesa. E xunto con FeC, apostaron por seguir impedindo que haxa novo contrato para Parques e Xardíns, cando o informe xurídico foi categórico marcando as marxes legais do mesmo.


Fronte á “gran coalición”, o alcalde socialista Ángel Mato e a súa proposta para un novo aparcadoiro en Esteiro, abrindo máis muralla entre Batallóns e Navantia. Duascentas corenta prazas cun orzamento previsto de dous millóns de euros. Acertada proposta que si ten un efecto disuasorio, eliminando presión de tráfico rodado do centro da cidade pero a un paso de todo. Esta colaboración urbanística entre Concello, Navantia e Defensa abre a cidade ao mar, indo na liña correcta do que ten que ser un proxecto de cidade nestes tempos.
 

Abrir a muralla

Te puede interesar