Neda comeza os preparativos para a súa Festa do Pan

Neda comeza os preparativos para a súa Festa do Pan
Presentación do cartel da Festa do Pan | Cedida

Neda ven de presentar o cartel para unha das súas citas máis tradicionais, a  Festa do Pan —declarada de Interese Turístico de Galicia dende hai máis de 10 anos— , que celebrará o próximo 7 de setembro a súa edición número 35.


O autor a cargo do deseño do cartel foi, un ano máis, o deseñador gráfico Juan Luis Fernández (“Juanlu Nacha”), cuxas ilustracións levan anunciando esta cita gastronómica dende o 2023.


Nesta ocasión, Juanlu Nacha pon en relevo o gran papel das  mulleres de Neda no eido da panadería, xa que dende tempos atrás ata o presente estiveron ao fronte de negocios e desenvolveron diversas labores en fornos locais, como a dirección ao traballo no obrador ou a venda e reparto de pan pola comarca, colaborando deste xeito coa preservación da economía local.


No acto de presentación do cartel tomaron parte, ademais do alcalde, Ángel Alvariño, a concelleira de Cultura e Turismo, Marián Bello e o propio autor da ilustración, Evangelina Barros, Carlos López, Cristina Castro e Carmen Romero, algunhas das persoas ao cargo dos establecementos colaboradores co evento.
Os postos de venda desta 35 Festa do Pan  serán os dos negocios La Nueva, Panificadora Germán, Santa Rita e Paky, e contará tamén coa colaboración de La Gallega, Modesto Hermida e J. Castro Hermanas. De tódolos xeitos, aínda non está concretada a programación desta celebración  pero se estima que durante as próximas semanas, o Concello rematará de elaborala.

 

Críticas

Onte mesmo, desde Moveneda criticaron a “opacidade” do goberno, indicando que “as panaderías locais e os grupos da oposición non sexan consultados para tratar de mellorar unha festa que celebra o producto local”, apuntando que, ao seu xuizo, “está caendo nunha repetición aburrida e non se fai o mínimo esforzo por atraer máis empresas de Neda. 

Tampouco se traballa por innovar ou renovar contidos e formato”.

Neda comeza os preparativos para a súa Festa do Pan

Te puede interesar