Xente Nova logra o Concurso de Cuartetos do Toxos

Xente Nova logra o Concurso  de Cuartetos do Toxos
un momento das actuacións na sede da entidade folklórica d. alexandre

Xente Nova obtivo onte o II Concurso de Cuartetos Tradicionais organizado polo Real Coro Toxos e Froles na súa sede. A formación ferrolá logra así 1.200 euros e un trofeo, premio co que está dotado o certame. Ademáis, a cada cuarteto participante se lle fixo entrega dun diploma de participación.

Un total de catro cuartetos tomaron parte na competición musical e folklóricana na seguinte orde de participación, Xente Nova, de Ferrol; Vedoira, de Lugo; Os Picurruchos, de Lugo; e Angazo, de Ourense. Mentras deliberaba o xurado, o grupo de cantareiras “Algarabía”, da Asociación de Veciños de Lago, entretivo aos asistentes.

Esta é a segunda proposta cultural e musical que se desenvolve dentro das Xornadas Culturais Abertas posta en marcha polo Toxos e Froles neste ano 2013. Unha iniciativa que terá continuidade nos vindeiros meses. Pola sede do Toxos pasarán o cantareiro e percusionista Davide Salvado, o músico Kepa Junkera ou o grupo castelán “La Musgaña”.

 

Xente Nova logra o Concurso de Cuartetos do Toxos

Te puede interesar