Unha cita coa xestión de proxectos internacionais no Campus Industrial

Este congreso internacional terá a Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol como unha das súas sedes
Unha cita coa xestión de proxectos internacionais no Campus Industrial
Os profesores e investigadores Alfredo del Caño Gochi, Pilar de la Cruz López e Juan José Cartelle Barros organizan a cita | UDC

Os vindeiros 16 e 17 de xullo congregarase persoal investigador, profesionais e persoas expertas procedentes de 15 países de América e Europa no 29º Congreso Internacional de Dirección e Enxeñaría de Proxectos,  cuxo Comité Organizador está presidido pola profesora e investigadora da Universidade da Coruña, Pilar de la Cruz López.


A Escola Politécnica de Enxeñaría de Ferrol será a sede na que se desenvolverán a maioría de actividades, incluíndo catro conferencias maxistrais, un seminario internacional, un workshop e tres Panel Sessions.
O xoves ás 16 horas, o Salón de Actos Concepción Arenal do Campus Industrial de Ferrol acollerá a conferencia de inauguración, titulada “Sustainability in Project Management: More success for all parties and stake!” e impartida polo Project Succes Coach de TIME4PM, Peter Pürckhauer. O mesmo espazo albergará tamén a conferencia de clausura—”Ships and Cyberthreats” polo Head of Defense de S2Grupo, Enrique Cubeiro— o xoves 17 ás 16.00 horas.


Na Room 1 da Escola Politécnica de Enxeñería de Ferrol celebraranse dúas conferencias maxistrais a cargo do Segment Manager de Molins, David Rodríguez Cabaleiro e o Project Manager en Talgo, Francisco Calduch Cervera, que tratarán as innovacións en morteiros MCI e membranas antirradón e o Programa Incercity e Proxecto DBS respectivamente.


O día da inauguración, de 10.30 a 12.30 horas, o autor e fundador de Dashdot Publications e Buro Four, Tom Taylor, dirixirá “Escola de Embaixadores e Embaixadoras”, un workshop destinado a fortalecer as competencias clave como o liderado, colaboración e resiliencia entre os profesionais máis novos e novas.


Outra actividade que forma parte do congreso será o “International Seminar on Project Management", descrito polo Comité Organizador como “un bloque programático integramente en inglés que reforza a vocación global do evento”. Consistirá nunha presentación de traballos—cun claro enfoque multidisciplinar internacional— en ámbitos como a enxeñaría, sustenibilidade, innovación, tecnoloxía e xestión de proxectos avanzada baixo a xestión do presidente de “Spanish  Certification Body” e vicepresidente da organización profesional sen ánimo de lucro AEIPRO-IPMA Spain, Jesús Martinez. 

Unha cita coa xestión de proxectos internacionais no Campus Industrial

Te puede interesar