TanDuB, finalistas dos Martín Códax, fan unha parada da xira en Artábria

O grupo fusiona a música tradicional Gnawa, do norte de Marrocos, con outros xéneros como o reggae, o drum&bass ou a electrónica
TanDuB, finalistas dos Martín Códax, fan unha parada da xira en Artábria
Integrantes da agrupación TanDuB | CEDIDA

A xira de presentación que está a realizar a agrupación TanDub, que son unha das tres finalistas dos premios Martín Códax da Música, na categoría de Músicas do Mundo e Mestizaxe, para este sábado no centro social Artábria.

 

O grupo fusiona a música tradicional Gnawa, do norte de Marrocos, con outros xéneros como o reggae, o drum&bass ou a electrónica, e ten colaboracións con artistas contemporáneas recoñecidas como High Paw ou Catuxa Salom. O concerto dará comezo ás 22.00 horas e o billete custa 10 euros para o público xeral e 8 para socios, que poden reservarse no WhatsApp 614 205 672. 

TanDuB, finalistas dos Martín Códax, fan unha parada da xira en Artábria

Te puede interesar