O Foro Galego Literario de Canido celebra o cuarto encontro no Centro Cívico do barrio ferrolán. O título que constituirá o centro desta proposta, que se desenvolve este venres a partir das 19.00 horas, é "As alumnas", unha obra gañadora do Premio de Literatura Dramática do ano pasado.
A cita conta cunha segunda parte, ás 20.30 horas, que estará protagonizada pola voz da propia autora, Paula Carballeira, natural da parroquia fenesa de Maniños, que ofrece unha sesión de narración oral baixo o nome de "Os contos que me contan", no salón de actos, aberta ao público xeral.