O Rei segue desde a fragata “Méndez Núñez” a evolución do exercicio de tiro Sinkex-23

O Rei segue desde a fragata “Méndez Núñez” a evolución do exercicio de tiro Sinkex-23
O rei Felipe VI segue o exercicio de tiro na fragata "Méndez Núñez" I Cedida

O rei Felipe VI asistiu a bordo da fragata “Méndez Núñez”, en augas canarias, ao exercicio da Armada Sinkex-23, que se desenvolveu durante os días 29 e 30 de xuño. Estivo acompañado polo almirante xefe do Estado Maior da Armada, Antonio Piñeiro Sánchez, e polo almirante da Flota, Eugenio Díaz del Río Jáudenes.


Segundo informa a Casa Real, foi recibido polo comandante do buque, capitán de fragata Antonio Díaz-Caneja, e, logo de explicárenlle o exercicio, fixo unha visita ao buque. Desde o Centro de Información e Combate asistiu ao lanzamento combinado de misís antibuque desde as fragatas “Méndez Núñez” e a “Canarias”, así como desde un helicóptero SH-60B. O obxectivo foi o buque loxístico “Martín Posadillo”, xa retirado do servizo e que foi afundido na zona.

 

 

 

Patrulleiro “Centinela”


O exercicio Sinkex consiste nun lanzamento da armas contra brancos de superficie desde unidades da Armada, orientados principalmente ao adestramento táctico en escenarios realistas. 


Xunto coa fragata “Méndez Núñez” tamén colaborou outro buque con base en Ferrol, o patrulleiro de altura “Centinela”. Ademais, desde a cidade enviáronse dúas ex lanchas de instrucción (“Guardiamarina Rull” e “Guardiamarina Domínguez”) que foron empregadas como branco. 

O Rei segue desde a fragata “Méndez Núñez” a evolución do exercicio de tiro Sinkex-23

Te puede interesar