Rafa Pereira recibe o Premio La Room de Honra cunha morea de músicos de renome

Rafa Pereira recibe o Premio La Room de Honra cunha morea de músicos de renome
O artista galardoado tocará con antigos compañeiros do mundo da música | CEDIDA

O Premio La Room de Honra 2024 leva o nome de Rafa Pereira, que recibirá o galardón este sábado e estará arroupado por unha longa lista de  músicos. O encontro ofrecerá catro horas de concertos que comezan ás 23.30 horas.


O ano pasado resultaron gañadores deste premio Álvaro Lamas, Xoán Rubia e a Asociación C. Centolos FeneRock, organizadora do festival que se celebra en San Valentín. Nesta edición tocoulle a Rafa Pereira, que estará acompañado no escenario de artistas como por exemplo Nuevo Plan, Sito Sandá, Carlos Pardo, Susana Adalid, Pablo Leyra, Álvaro Lamas, Jose Vargas e Andrés Amador, de Los Limones.


Todos os participantes teñen algunha relación coa traxectoria musical do homenaxeado.
Rafael Óscar Pereira Rodríguez é un músico ferrolán cunha extensa carreira profesional, partindo de que formou parte de numerosas agrupacións de estilos variados. En canto á súa formación musical, o artista local cursou estudos de solfeo, piano e contrabaixo.


Rafa Pereira foi integrante de Los Limones, da orquestra Los Satélites, do Cuarteto Jazz Tandem e de Julie Guravich Quartet. Na actualidade, este músico é membro esencial do grupo ferrolán Nuevo Plan. 

Rafa Pereira recibe o Premio La Room de Honra cunha morea de músicos de renome

Te puede interesar